Concello da Coruña

Concello da Coruña

Jorge Cabezas is Back!

Jorge Cabezas is Back! é o título dun proxecto expositivo que comezou a xestarse no ano 2013 e que agora se materializa na Fundación Luis Seoane grazas á xenerosidade e o esforzo do pintor Jorge Cabezas e dos seus colaboradores neste proxecto, o poeta e artista multimedia Antón Reixa, o fotógrafo Juan Rodríguez, o artista Eduardo Hermida, o xornalista Rubén Ventureira e o arquitecto Carlos Pita.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 30/03/2019 ata o 30/06/2019

Xa rematou

Horario:

De martes a domingo

11:00h - 15:00h 17:00h - 21:00h

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

A exposición non pretende recoller de maneira exhaustiva o traballo desenvolvido polo artista coruñés desde os seus comezos na década dos noventa ata a actualidade, senón reunir unha pequena mostra concentrada do seu universo creativo, caracterizado polo emprego dunha iconografía única, extremadamente recoñecible, libre, e dunha serie de referencias nas que predominan os aspectos biográficos, a música rock e a cultura popular, unha forma de entender a vida e a arte e un sentido do humor especial. Un bó exemplo disto último é a elección do título do proxecto, un chisco do artista ao sexto álbum de Elvis Presley, co que o cantante retomaba a súa carreira tras unha paréntese forzosa en forma de servizo militar obrigatorio, e co que acadaría un dos seus maiores éxitos.

A montaxe da mostra inspírase na célebre última exposición realizada por Pablo Picasso en 1970 no Palacio dos Papas de Aviñón, na que o artista presentaba as súas obras a parede chea en memoria da súa primeira visita ao Museo do Prado xusto despois de abandonar A Coruña.

Neste caso, a sala principal de exposicións do primeiro andar da Fundación Luis Seoane acollerá 53 pezas en total entre acrílicos, óleos, debuxos e collages pertencentes a diferentes etapas da produción do pintor, dispostas sobre unha única parede de 23 por 4,5 metros, transformada nun mural xigantesco que ofrece unha primeira impresión xeral na que as marxes da obras esvaécense en favor do conxunto, convidando posteriormente ao espectador a deterse nos detalles, dotándoo de liberdade para escoller aquela peza ou pezas nas que fixar a súa atención. Unha única parede que cheará a sala en diálogo coa instalación dun recinto pechado, unha mini sala de cine en forma de casita a dúas augas, un dos motivos recorrentes na obra de Cabezas, onde se proxectará o documental dirixido por Antón Reixa e Antonio Segade que recolle testemuñas de amigos, admiradores e colaboradores do artista. Xunto a ela, próxima a unha vídeo instalación realizada por Juan Rodríguez, exhibirase unha selección de obra gráfica na que destacan as libretas de traballo do pintor, que por vez primeira se exponen ao público, verdadeiros altos fornos da súa pintura, da súa obra, o espazo onde Jorge pensa, experimenta, onde se amosa en estado puro.

O proxecto compleméntase coa edición dun libro realizado por Desescribir no que colaboran Alberto García Alix, Antón Patiño, Julián Hernández, Yolanda Castaño, Xoel López, Antón Reixa, Rubén Ventureira, Lucía Aldao e Álvaro Dorda, entre outros.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión