Concello da Coruña

Concello da Coruña

Judy Garland, Alén do arco vella

Unha proposta que baila entre a documentación histórica, a musical homenaxe e a presentación da humanidade dun personaxe sometido pola sociedade a vivir nun lugar que soña un novo mundo onde as súas diferenzas sexan consideradas como normalidade. Un lugar máis aló do Arco iris onde todos sexamos de todas as cores e vivamos en harmonía e felicidade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

28/04/2017

Xa rematou

Horario:

21 horas

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

O 22 de xuño de 1966 é o día da morte de Judy Garland. Icona gai no que se reflicte a nosa protagonista homenaxeando e imitando todos os seus movementos e comportamentos.

A noite do 28 de xuño de 1969 a policía irrompe en redada no "Stonewall Inn", un bar gai do Greenwich Village.

Aquela noite estaban a velar o deceso da súa musa Judy Garland.

A resistencia ofrecida polos clientes do local fronte á irrupción policial supón un punto de partida na loita dos homosexuais para que a sociedade e as leis recoñecesen os seus dereitos.

Máis aló do Arco iris hai un lugar sen conflitos, un lugar afastado a onde non podes chegar en tren ou barco. Detrás da lúa, máis aló do Arco Iris.

Un drama musical que xira arredor de Frances, unha protagonista transxénero, que viaxa e nos presenta as súas vivencias en paralelo ao que viviu Judy Garland. Unha sorte de biopic mesturado coa narración histórica dun feito como o inicio das revoltas de Stonewall, que acabaron por ser escollidas como o día de celebración do "gaypride", a chamada de atención sobre os dereitos do colectivo LGTBQ.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión