Concello da Coruña

Concello da Coruña

Judy Garland Over the Rainbow

Con motivo dun mes feminino (ou 25 de novembro é internacionalmente o día contra a violencia de xénero)

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 17/11/2017, 24/11/2017, 01/12/2017

Xa rematou

Horario:

21:00 h

Enderezo:

Sala Gurugú. Rúa Agra do Orzán 3. 15010 A Coruña

Prezo:

7,00 euros

Contacto:

Información e reservas:

salagurugu@gmail.com

616 701 099

A Sala Gurugú confía no creador coruñés Xosé Leis para levar a cabo unha proposta habitual nas grandes urbes, manter un espectáculo programado cunha temática social de actualidade durante todo un mes de concienciación. Remodelando o espazo para acoller esta proposta innovadora.

Os VENRES  17 e 24 de NOVEMBRO e o 1 de DECEMBRO porase en escena este espectáculo dirixido por XOSE LEIS "JUDY GARLAND".

Todos somos Judy. Judy Garland pasou pola vida buscando un motivo para pasar pola vida. É un deporte perigoso. Buscar un motivo para vivir é un deporte de alto risco. Un pode chegar á conclusión de que a vida non ten sentido.

O 22 de xuño de 1969 é o día do pasamento de Judy Garland. Icona gay na que se reflectía a nosa protagonista homenaxeando e imitando todos os seus movementos e comportamentos.

A noite do 28 de xuño de 1969 a policía irrompe en redada no "Stonewall Inn" un bar gay de Greenwich Village. 

Aquela noite estaban a velar o deceso da súa musa Judy Garland. OVER THE RAINBOW é un proxecto plurinacional configurado polo autor Ozkar Galán.

A proposta consiste en levar a cabo a escenificación de diferentes propostas sobre un mesmo texto levadas a cabo por diferentes creadores en diferentes idiomas nun periodo de estrea o máis axustado posible (menos dun ano).

A  primeira proposta é a proposta galega a cargo de Xosé Leis e con Isabel de Toro. Unha proposta en galego con artista galegos. 

Un "one (wo) man show" que amosa a versatilidade e capacidades de Isabel de Toro, incorporando os múltiples personaxes que conforman o cosmos da creación de Ozkar Galán. Unha proposta en castelán dirixida por Gorka Martín e interpretada por Armando Buika.  

A terceira proposta que alumeará será proposta grega, a cargo de Styl Rodarelis.

Unha versión grega e en grego.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión