Concello da Coruña

Concello da Coruña

L'architecture d'aujourd'hui, Regina Giménez

Inauguración de Regina Giménez o xoves 8 de xuño ás 20.30 h na Galería Vilaseco da Coruña. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 28 de xullo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 08/06/2017 ata o 28/07/2017

Xa rematou

Horario:

Luns a venres

11.00 -14.00 h

17.00 - 21.00 h 

Sábados e mes de agosto tras a previa cita en +34 627484802

Enderezo:

Galería Vilaseco. Rúa Padre Feijoo 5, 1º. 15004 A Coruña

Contacto:

Telf. +34 981216252 info@vilaseco.com

A partir da coñecida revista histórica L'architecture d'aujourd'hui, Regina Giménez desenvolveu un proceso de traballo que analiza os elementos publicitarios e modifícaos de maneira que cambian totalmente o seu significado.

A través dun exercicio de abstracción, desvela a súa composición gráfica e ofrece outra lectura dunhas imaxes vinculadas á publicidade dos novos materiais de construción da época.

A galería Vilaseco, conta para a presentación do proxecto expositivo coa arquitecta Naiara Montero, que xunto coa artista charlarán sobre arte, deseño e arquitectura e presentarán a publicación L'architecture d'aujourd'hui de Regina Giménez editada por Enric Farrés Duran para o proxecto editorial Los Cinco Delfines (Barcelona, 2015). Con motivo da mostra, Laboratorio Creativo Vilaseco xunto á creadora realiza dúas edicións especiais.

Unha edición de 70 exemplares da obra Dalami, en impresión giclée de tintas pigmentadas sobre papel art smooth 220 gr. numerados e asinados pola artista.

E unha alfombra baixo o título Ciatherme, edición de 5 exemplares, formato 300 x 200cm tecida á man por artesás con la 100% orgánica. Regina Giménez (Barcelona, 1966) vive e traballa en Barcelona. Licenciada en Belas Artes, presentou exposicións individuais en Barcelona, Madrid, Bruxelas, París, entre outras cidades, ademais de participar regularmente en feiras nacionais e internacionais.

A súa obra está presente en numerosas coleccións privadas e públicas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión