Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de marzo de 2017

A actividade infantil do Aquarium ‘Aventura coas Focas’ ofrece 80 prazas para as sesións de abril

As persoas que queiran participar nesta experiencia deberán realizar a preinscrición a través dun formulario electrónico na xornada de mañá, xoves, día 23, entre as 10.00 e as 13.00 horas

O Aquarium Finisterrae abre durante a xornada de mañá, xoves, 23 de marzo, o prazo de preinscrición para participar nas sesións de abril do programa 'Aventura coas focas', unha experiencia dirixida a nenas e nenos de máis de sete anos, que se desenvolve durante a fin de semana e na que as e os participantes poderán formar parte nas tarefas de preparación da comida das focas e na súa alimentación. Nesta convocatoria, a actividade ofrece 80 prazas para as oito sesións previstas durante catro fins de semana -todos os sábados e domingos do mes ás 11.00 horas, a excepción de Semana Santa-, e nas que os e as menores deberán ir acompañadas dunha persoa adulta.

Para participar é preciso formalizar a preinscrición no día de mañá, entre as 10.00 e as 13.00 horas, a través dun formulario electrónico dispoñible na dirección web https://goo.gl/forms/qqIPG2wfOniSigNJ2. Os formularios que cheguen fóra dese horario quedarán excluídos da convocatoria. Ademais, para facilitar que o maior número de persoas poida acceder á actividade, aqueles e aquelas que xa obtiveran praza nalgunha sesión dos meses de febreiro e marzo non poderán repetir neste mes.

As persoas que participen deberán aboar unicamente o prezo de entrada ao Aquarium (excepto titulares de Tarxeta 20 e da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias), xa que 'Aventura coas Focas' é unha actividade sen custo adicional.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión