Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de maio de 2017

A Banda Municipal de Música pecha esta semana a tempada de concertos no Pazo da Ópera e no Teatro Rosalía de Castro

A agrupación coruñesa, que o ano que vén cumprirá 70 anos, ofrecerá actuacións todos os xoves do mes de xuño ás 20.00 horas

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, área que dirixe José Manuel Sande, informa que a Banda Municipal de Música pechará mañá, luns 22 de maio, o ciclo regular de concertos no Pazo da Ópera cunha actuación extraordinaria na que ofrecerá algunhas das pezas máis populares do teatro lírico español en versión instrumental. Antoloxía da zarzuela, que así se denomina o programa, incluirá interpretacións de pezas de obras como El tambor de granaderos, La dolorosa, Las Leandras ou La leyenda del beso. Despois de catorce citas no recinto da Glorieta de América, o concerto de mañá, que comezará ás 20.30 horas, porá o broche a unha tempada na que a agrupación musical simultaneou as súas actuacións coa proposta Os seráns no Rosalía, unha novidosa iniciativa coa que a banda ofreceu unha decena de concertos no Teatro Rosalía de Castro. Precisamente este ciclo tamén pechará a súa primeira edición este xoves 25 de maio, ás 20.00 horas, cun programa que leva por título A música galega, as nosas músicas.

Xa no mes de xuño, a Banda Municipal trasladará a súa actividade principal á Cidade Vella. Así, os xoves 1, 8, 15 e 22, --todos os días ás 20 horas--, ofrecerá concertos a ceo aberto na praza das Bárbaras. Na última semana do mes, o xoves 29, a agrupación participará nun concerto extraordinario que terá lugar no Centro Ágora en homenaxe á Torre de Hércules, co gallo do oitavo aniversario da súa inclusión na lista de monumentos patrimonio da humanidade.

Despois das actuacións do período estival, no mes de outubro, e baixo a dirección de Juan José Ocón, a Banda Municipal iniciará unha nova tempada na que celebrará o 70 aniversario da súa formación cunha programación na que terán cabida diversos repertorios e estilos musicais.

Documentos:

Programa do Concerto Extraordinario do 22 de maio (706 KB)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión