Concello da Coruña

Concello da Coruña

A cidade

Exposición de fotografías de Pepe Ventureira

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 18/10/2018 ata o 30/11/2018

Xa rematou

Horario:

horarios de visita:

- martes a sábado: 11.00 a 13.30 e de 18.00 a 20.00 h

- domingos e festivos: 12.00 a 14.00 h

Enderezo:

Casa Museo María Pita. Rúa Herrerías 28. 15001 A Coruña

A cidade ocupa a vida de moitas persoas; a razón construída a base de beirarrúas, obríganos a vivir amoreados baixo a ditadura do verde e o vermello; un recinto de formigón acristalado esconde as nosas emocións... detéñome en oración, admirando cada unha das miles de ventás... Que ocorre tras delas ?... alguén chora, ri, laméntase; repite as súas rutinas, confiando na súa atractiva seguridade; hai un mes morreu en soidade a veciña do segundo, os seus fillos decatáronse hoxe; a través do whatsapp comunicáronllo ao resto de familiares.

A pel acéndese entre persoas noutras ventás, as veas dilátanse e estalan en suor de namorados, amantes... infantes primeirizos; chega un telegrama que confirma unha marcha... unha chegada; fumarentas cociñas de avós con mandil preparando lentellas, ou aquel caldo...

Os edificios son descanso, e outras veces agocho, nestas últimas as ventás non se abren, son só un burocrático decorado.

A min sálvame o pasear, e admirar os recordos-monumentos... aquel estanque no que o cheiro a vainilla do barquilleiro conseguiu fixar a foto que nunca tiven...

A cidade ocupa a vida de moitas persoas, a miña tamén.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión