Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de xullo de 2017

A Concellería de Participación abre o prazo de presentación de fotografías para a XIV edición do concurso 'Viaxarte'

O Fórum Metropolitano acolle esta tarde un encontro con Luis Gago, que trasladará as e aos asistentes a súa viaxe arredor do mundo feita con recursos económicos limitados

A Concellería de Participación e Innovación Democrática, a través do Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), convoca a XIV edición do concurso de fotografía de viaxes Viaxarte, destinado a mozos e a mozas de entre 15 e 30 anos. As imaxes presentadas a este concurso, cuxo prazo de admisión rematará o 4 de setembro, teñen que estar relacionadas coa temática viaxeira. A mellor fotografía e a mellor serie fotográfica serán premiadas con viaxes ás principais capitais europeas, e o conxunto de traballos presentados ao concurso serán expostos no mes de outubro no Fórum Metropolitano.

Tal e como indican desde o CMIX, un xurado especializado valorará a proposta expresiva, a corrección técnica e a capacidade evocadora da viaxe. As fotografías deberán presentarse nos rexistros municipais --Pazo de María Pita, Fórum Metropolitano ou Ágora-- e as bases pódense consultar tanto no propio Centro Municipal de Información Xuvenil --en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas, e de 17.00 a 20.00 horas, e sábados de 11.00 a 14.00 horas--, como a través da páxina web www.coruna.gal/viaxarte ou no teléfono 981.184.294.

Viaxarte enmárcase dentro do programa de turismo xuvenil Móvete, posto en marcha este ano pola Concellería e que engloba as iniciativas da área municipal de mocidade arredor da temática de viaxes. Entre as actividades, o Fórum Metropolitano acollerá esta tarde unha charla no de Luis Gago, viaxeiro que percorreu o mundo en ano e medio e que proporá, a partir das 19.00 horas, un encontro artellado arredor da temática da gran viaxe feita con recursos económico limitados. A entrada para este Encontro Viaxeiro é libre.  

Ademais, e a través de Móvete, Participación pon a disposición da mocidade a Viaxeteca do CMIX, un servizo de préstamo de guías de viaxe, mapas e planos, itinerarios, transportes, aloxamentos, turismo activo, campamentos, campos de traballo, cursos de idiomas, material documental e bibliográfico co obxectivo de facilitar a planificación e organización das súas viaxes neste verán.

Para máis información, pode consultarse a páxina web do programa, www.coruna.gal/movete

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión