Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de setembro de 2017

A exposición ‘Fernando Rey, cabaleiro do cinema’ inaugurarase no Kiosco Alfonso o próximo 20 de setembro, “recoñecendo ao actor máis internacional da cidade”

Á vez, e en colaboración con esta iniciativa do Concello da Coruña, o CGAI revisará os títulos máis destacados do artista nun ciclo especial

A Coruña acollerá este outono unha mostra sobre a vida e a obra de Fernando Rey, actor internacional e veciño da Coruña. A iniciativa que parte do Concello e, en concreto, da área de Culturas, Deporte e Coñecemento, busca "acabar coa débeda histórica que esta cidade sempre tivo para co recoñecemento dun veciño que foi referente do cinema internacional". Así o indica o titular da concellería, José Manuel Sande, quen hoxe presentou en rolda de prensa esta mostra, que poderá verse de xeito gratuíto no Kiosco Alfonso dende o 20 de setembro até o 19 de novembro nomeada Fernando Rey. Cabaleiro do cinema (1917-2017), unha exposición baseada "en fotografías, documentos, premios e recordos que el mesmo foi conservando ao longo da súa vida". "Rey foi, no sector audiovisual, a figura máis representativa e de proxección internacional das artes escénicas do pasado século do Estado. Curiosamente, ao igual que María Casares, actores e actrices que non sempre son recoñecidos como legado da Coruña", comentou. "Estamos a falar dunha das poucas figuras internacionais vinculadas á cidade. Rey foi un intérprete non só prestixioso, senón cunha personalidade poliédrica, complexa, e que merece unha reubicación. Unha figura innecesariamente esquecida desde o seu falecemento en 1994", indicou.

A mostra, que analiza as diversas etapas vitais e artísticas do actor a través da súa filmografía, tamén fai fincapé na súa nenez herculina. De xeito paralelo, e en colaboración con esta iniciativa municipal, o Centro Galego de Artes da Imaxe-Filmoteca de Galicia (CGAI) levará a cabo un extenso ciclo --que comezará o día 21-- coas películas máis destacadas do actor, como Viridiana, Tristana, Campanadas a medianoche ou The French Connection entre outros títulos.

Na rolda de prensa de presentación, Sande estivo acompañado por Jacobo Sutil, director da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) e un dos comisarios da mostra, o catedrático José Luis Castro de Paz, quen manifestou que esta exposición, así como as proxeccións cinematográficas, son "un proxecto complexo que trata de celebrar o centenario do nacemento na Coruña de Fernando Rey". "A través da mesma analizaremos 60 anos de cine español que representan diferentes etapas e coxunturas históricas, despois da guerra civil e até chegar a súa morte", comentou. "Falamos dun dos actores máis indiscutiblemente recoñecidos e que chegou a representar como ninguén a última etapa do gran Buñuel. É o rostro das últimas películas de Buñuel", explicou. O xornalista Rubén Ventureira é outro dos comisarios desta exposición, que conta, ademais, co deseño e a produción do arquitecto Alfredo Sellier.

"É certo que hai xa moitos anos, Rey foi pregoeiro das festas de María Pita así como xurado nalgún dos festivais de cine históricos da cidade. Non obstante, cremos que era obrigado realizar esta homenaxe de difusión cultural e de recoñecemento a unha carreira exemplar que se puido levar a cabo, en gran medida, grazas ás achegas da súa propia familia, que facilitaron o acceso ao seu arquivo fotográfico persoal", salientou o concelleiro.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión