Concello da Coruña

Concello da Coruña

La mirada de la piel

A sala Plataforma14 situada no edificio Fórum Metropolitano da Coruña, acolle no mes de setembro a mostra expositiva “La mirada de la piel” da artista Paula Morales.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/09/2018 ata o 28/09/2018

Xa rematou

Horario:

de luns a venres de 9 a 21 h. e sábados de 9 a 14 e de 17 a 21 h.

Enderezo:

Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

de balde

Páxina web:

www.coruna.gal/cmix/plataforma14

Contacto:

Centro Municipal de Información Xuvenil 

Fórum Metropolitano. R/ Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña)

Tel.: 981 184 294

correo-e: cmix@coruna.es 

Paula Morales (Mos, Pontevedra, 1983) é arquitecta, artista e docente. A súa obra centrouse desde o principio no retrato realista e detallado. Realiza as súas obras en distintas técnicas; lapis, pastel, óleo, acuarela e gravado, prestando sempre especial atención ás texturas. Os seus retratos sucan o carácter e a pel a través de cartografías persoais.

Unha estancia traballando nun proxecto de cooperación lévaa a interesarse pola poboación indíxena. A partir de aí comeza unha investigación que lle descobre as fotografías de nativos americanos, datadas ao redor de 1908, de Richard   Throssel e Edward Curtis. Comeza así unha serie de retratos de nativos americanos realizados con diferentes técnicas, estampaxe de  linóleo sobre taboleiro de madeira e sobre papel,  aguatinta sobre papel, lapis sobre taboleiro de madeira  imprimado e lapis e acuarela sobre papel. Esta serie principal da exposición, destaca pola súa expresividade intimista onde pel, miradas e texturas reflicten as experiencias vitais dos seus protagonistas.

A exposición estará aberta ao público do 5 ao 28 de setembro.

A sala Plataforma14, pertencente á Concellaría de Participación e Innovación Democrática e coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade.

Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.gal/cmix/plataforma14

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión