Concello da Coruña

Concello da Coruña

A noite máis marabillosa do mundo

Marabillosa, estupenda, fermosa, máxica, vibrante, espectacular, fantástica, abraiante, incrible, alucinante, total, impresionante, meiga e quedámonos curtos para describir a noite que todos estabamos esperando.

Cando:

24/06/2013

Xa rematou

Documentos:

Axenda Sanxoaneiros 2013 (61 KB)

É momento de dicir adeus ao vello que queremos esquecer e saudar o novo que queremos empezar. O espírito de lume inundarao todo. Para abrir boca, a verbena comezará ás 21.30 no paseo marítimo da man de Cinema Orquestra e, máis tarde, coa Orquestra Panorama. Ambos os grupos amenizarán a velada ata altas horas da madrugada.

Para celebrar a nosa festa máis especial, unha cabalgata de San Xoán percorrerá as rúas animada polo pasacalles do grupo de teatro Manicómicos.

E, á fin, uns minutos antes das 12 da noite, para marcar a entrada do solsticio de verán, os impresionantes fogos artificiais e a queima da falla na praia de Riazor. Arde a festa!

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión