Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de marzo de 2017

A Sala de Exposicións do Pazo de María Pita acolle desde mañá a mostra 'Memorias de grafito e tinta', de Doroteo Arnáiz

O edil de Culturas, José Manuel Sande, intervirá no acto de apertura da exhibición, que comezará ás 20.00 horas

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, inaugurará no Pazo Municipal de María Pita mañá xoves, ás 20.00 horas, a exposición Doroteo Arnáiz. Memorias de grafito e tinta, unha escolma de 29 obras do debuxante madrileño que se poderá visitar até o próximo 23 de abril. A exhibición compila parte da traxectoria do autor, desde os seus primeiros anos como artista en Madrid e París, na década dos sesenta, até as súas creacións máis recentes.

Arnáiz foi director da Calcografía Nacional de Madrid entre os anos 1980 e 1985 e, posteriormente, impartiu clases de gravado na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, desde 1995 até o ano 200. Foi premiado a nivel internacional e realizou máis de 70 exposicións individuais, e 150 colectivas, en galerías de todo o mundo. A súa obra está presente en espazos como o MOMA de Nova York, ou en centros de arte contemporánea de Chicago, París ou Quebec.

A exposición Doroteo Arnáiz. Memorias de grafito e tinta estará aberta ao público todos os días de 12.00 a 14.00 horas, e de 18.00 a 21.00 horas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión