Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de setembro de 2017

A terceira edición do festival de danza contemporánea na rúa Quincegotas "afondará na descentralización dos espectáculos", que chegarán á area metropolitana

O edil José Manuel Sande presentou a cita, que se desenvolverá entre os días 22 e 24 deste mes, e contará con novidades formativas como un obradoiro de hip hop no Barrio das Flores

O Pazo de María Pita acolleu esta mañá a presentación da terceira edición do Festival de Danza na Rúa Quincegotas, que se celebrará entre os días 22, 23 e 24 en diferentes localizacións da cidade así como da área metropolitana. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, salientou a continuidade e afianzamento dun proxecto impulsado polo goberno local "que interpreta o espazo público como o lugar idóneo para a intervención artística e cultural". "Nesta terceira edición a danza de Quincegotas chegará por primeira vez ao Barrio das Flores. A intervención artística contribúe, dentro dos procesos de pluralidade xeográfica, capacidade metafórica, procura de singularidade e deslocalización do Festival Quincegotas a fixar pois a mirada nun dos fitos da construción social na nosa cidade", sinalou o concelleiro, que estivo acompañado na presentación por dúas das persoas responsables da produción e dirección artística do festival, o actor Ramiro Neira e a bailarina Kirenia Martínez.

Na terceira edición de Quincegotas, o festival busca achegar a danza a novos públicos, rompendo coa convencionalidade dun espectáculo con escenario e butacas. As rúas e prazas da Coruña converteranse, de novo, nos patios improvisados dos teatros nos que dez compañías de danza desenvolverán as súas pezas en lugares de convivencia cotiá. Ademais, nesta edición, haberá novidades como a realización de obradoiros de hip-hop de balde no Barrio das Flores e, por primeira vez na historia de Quincegotas, desprazase a concellos da área metropolitana. "En concreto, algunhas das actuacións celebraranse en Oleiros", descatou Ramiro Neira.

Así, a cita coas artes do movemento espallarase por seis espazos diferenciados. Na Coruña,  as actuacións serán na escalinata da Domus --venres 22 pola tarde--, o parque de Oza --sábado 23 desde as 12.00 horas--, a praza do Barrio das Flores --sábado 23 desde as 18.00 horas--, e o Castelo de San Antón --domingo 24 desde as 19.00 horas--; mentres que en Oleiros terán lugar na praza Esther Pita/ parque do Emigrante e na praza do Castelo de Santa Cruz o 24 pola mañá.

Na programación deste ano de Quincegotas terán lugar tres estreas absolutas, ademais de tres estreas en Galicia que acompañarán ás numerosas actuacións e espectáculos simultáneos que terán lugar na Coruña e Oleiros. "Este ano poderemos gozar dalgunhas das compañías máis recoñecidas na actualidade como pode ser Chey Jurado catro veces campión do REDBULL BC ONE Spain, ou La Intrusa, Premio Nacional de Danza 2015", segundo destacou Kirenia Martínez. Ademais, o domingo pola mañá celebrarase o encontro de Danza en Ruta da Rede CompliCIDADES, Rede Galega de Festivais de danza en espazos urbanos.

Para consultar toda a información sobre horarios, artistas e programación, pode visitarse a páxina web do festival, www.quincegotas.com

Documentos:

Cartel Quincegotas 2017 (372 KB)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión