Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de setembro de 2017

A XXX edición dos Premios Prismas Casa das Ciencias recoñecen a labor da divulgación científica nos seus diferentes formatos

Un xurado especializado fallou esta fin de semana os distintos galardóns desta convocatoria. Un vídeo sobre as Fragas do Eume, un blog que desmonta mitos pseudocientíficos, un texto inédito de dez mulleres científicas, un artigo xornalístico sobre os retos do futuro e un programa de radio sobre galaxias obtiveron os Primas de Bronce

Os premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación veñen de dar a coñecer o ditame da súa XXX edición, despois de que o xurado se reunise esta fin de semana para deliberar e emitir o seu fallo, nas categorías de mellor traballo en vídeo, mellor sitio web, mellor libro editado, mellor texto inédito, mellor artigo xornalístico e mellor traballo de radio, ademais do Prisma especial do xurado. Os galardóns entregaranse nun acto que terá lugar no mes de novembro no pazo de María Pita.  

Un vídeo que percorre o parque natural das Fragas do Eume e descobre moitas das súas especies autóctonas; un blog de divulgación con artigos e  unha sección de respostas a preguntas dos lectores así como entradas que desmontan mitos pseudocientíficos; un texto inédito que nos leva pola vida de dez mulleres que foron claves para o avance científico; un libro que achega a química ás e aos lectores a través de exemplos da vida cotiá; un artigo xornalístico que aborda os retos científicos e éticos da técnica de edición xenética e un programa de radio no que se fala sobre galaxias, complexidade celular no ser humano, comportamento animal e feromonas, obtiveron os Prismas de Bronce nesta trixésima convocatoria.O Prisma Especial do Xurado foi para Jorge Mira Pérez. O xurado especializado destacou "a súa contribución á divulgación da ciencia e o seu estímulo á aprendizaxe da mocidade e a promoción da cultura científica, manexando todo tipo de formatos divulgativos e sacando o coñecemento científico á rúa".

Os premios Prismas son unha iniciativa do Concello da Coruña a través dos Museos Científicos que pretende potenciar a difusión da cultura científica, e apoiar a todos os e as profesionais que traballan neste campo.

Cadro de honra 2017

• Mellor traballo en vídeo: "¡Qué animal! Parque natural de las fragas do Eume", de Carme Nicolás, Manuel Muñoz e Pere Figuerola, emitido en La 2 de TVE.

• Mellor sitio web: "Ciencia de sofá", presentado por Jordi Pereyra Marí

• Mellor libro editado: "Todo es cuestión de química", de Deborah García Bello, publicado pola Editorial Paidós

• Mellor texto inédito: "¡Hay una mujer en mi experimento! Un viaje con las grandes científicas de la historia", de Jorge Roberto Gutiérrez Bolívar

• Mellor artigo xornalístico: "Como diseñar ADN en el garaje", de Michele Catanzaro, publicado no suplemento dominical de El Periódico de Catalunya

• Mellor traballo en radio: "El café cuántico 6: sobre primates, ratones y feromonas", de Elena Denia, Antonio Sánchez e Héctor Vives, emitido en Burjassot Radio

• Prisma Especial do Xurado: Jorge Mira Pérez

Ademáis, o xurado decidiu outorgar unha mención honorífica ao vídeo "Mareas rojas", de Manuel E. García e Jorge H. Urcera.

Composición do Xurado:

Presidente: D. Ángel Carracedo Álvarez, catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela

- Dna. Carolina Moreno Castro, catedrática de xornalismo da Universidad de Valencia.

- D. Manuel F. Herrador Barrios, profesor da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños da Universidade da Coruña.

- Dna. Carmen Serrano González, xornalista, directora de Comunicaciones Mil e organizadora das Jornadas de Divulgación Innovadora D+i.

- D. José Antonio Fernández Bouzas, director do Parque Nacional Illas Atlánticas.

- Dna Erika López Palma, xornalista, responsable da delegación do Consejo Superior de Investigaciones Científicas en Andalucía e do Museo Casa de la Ciencia de Sevilla.

D. Leopoldo García Sobrado, coordinador do certame, actuou como Secretario.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión