O proxecto “Les feuilles mortes" é unha investigación sobre as follas.
Para público en xeral
Dende o 06/06/2018 ata o 01/07/2018
Xa rematou
- martes a sábado: 11.00 a 13.30 e de 18.00 a 20.00 h
- domingos e festivos: 12.00 a 14.00 h
No outono (analizando o que a simple vista era unha folla seca e engurrada) empezou o meu interese polo seu aspecto humano, polas súas formas e volumes (a súa función, a súa morfoloxía, as súas veas, anatomía...) e sobre todo o seu proceso de transformación e descomposición, os seus cambios de cores, de textura ou a súa fraxilidade.
A través destas obras quero sensibilizar as persoas espectadoras sobre a beleza que existe na nosa contorna, algo tan pequeno, insignificante e fráxil coma unha folla, é realmente algo espectacular.
Fixen un estudo de cada fase, desde que está viva na árbore ata a súa morte no chan. É por iso que nesta serie experimentei con diferentes materiais, ata conseguir o que mellor se adaptada a cada unha.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible