Concello da Coruña

Concello da Coruña

Levántate Xan, contos para bebés, de Caxoto

Mediante os espectáculos "Levántate, Xan", de Caxoto, creamos unha sesión multidisciplinar na que, a través da palabra, da música en directo, do xogo e da complicidade das familias; levamos as crianzas a unha aprendizaxe do mundo animal, da lingua e dos sons.

A quen vai dirixido?:

Familias

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

16/02/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 11/02/2019 ata o 15/02/2019

Horario:

12.30 horas

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde

Requisitos:

Para nenas/os de 1-3 anos, acompañadas/os dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.

É hora de deitarse na granxa. Xan revisa que todas as tarefas estean feitas: fixo os deberes, limpou os dentes, fixo pis, puxo o pixama... e marchou para a cama. Pero esqueceu algo moi importante: DARLLES A CEA AOS ANIMAIS!!!

Ao día seguinte, o galo érguese cedo como cada día para espertar o sol, pero ten tanta fame que non pode cantar! E todo o mundo sabe que se o galo non canta, o sol non se levanta, e se o sol non se levanta, Xan nunca espertará e non lles dará de almorzar. Que desastre!

Historias, xogos e cantigas en que os animais da granxa son os verdadeiros protagonistas.

Haberá dous pases:

  • 11.00 horas
  • 12.30 horas

Organizador: Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión