Concello da Coruña

Concello da Coruña

Libros en directo: Care Santos

Premio Nadal 2017

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

01/03/2017

Xa rematou

Horario:

O encontro comezará ás 20.00 horas e realizaranse no Centro Ágora.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Libre e gratuíta ata completar a capacidade

Organiza:

Polisemias

Contacto:

Tel.: 981 189 888

O vindeiro mércores 1 de marzo o Centro Ágora da Coruña recibirá a Care Santos para a presentación de Media vida, Premio Nadal 2017.

O ciclo Libros en directo, patrocinado polo Concello da Coruña, ten como obxectivo mostrar as principais novidades literarias ao público coruñés. Entre outros contou coa participación de Paolo Giordano, James Ellroy ou, máis recentemente, Marta Sanz, Miqui Otero e Elvira Navarro.

Presenta: Pedro Ramos

O valente retrato dunha xeración de mulleres que asumiron os cambios e as liberdades da transición. Aprenderán a perdoar e perdoarse o imperdoable, pero, sobre todo, aprenderán a seguir vivindo.

«De que serve lembrar se hai que vivir.»

Cos vimbios, que ben poderían ser os dunha obra de teatro en dous actos, Care Santos constrúe Media vida, a novela gañadora do Premio Nadal 2017 na que, de feito, reconstrúe media vida de cinco amigas: Olga, Marta, Lola, Nina e Julia, desde a ditadura aos primeiros anos da Transición. Un retrato maxistral dunha xeración de mulleres baixo unha sociedade cambiante que tivo que enfrontarse, cada unha á súa maneira, á hipocrisía daqueles que pretendían conservar as vellas formas a calquera prezo.

Care Santos é unha escritora catalá que escribe tanto en castelán como en catalán. Naceu en Mataró (Barcelona) en 1970. Empezou a escribir aos 8 anos, aos 14 gañou o seu primeiro concurso literario e aos 25 publicou o seu primeiro libro, unha colección de relatos. Desde entón, publicou dez novelas, seis libros de contos, dous libros de poesía (non pensa repetir) e un gran número de novelas para mocidade e nenos. A súa obra foi traducida a 22 idiomas, incluíndo o inglés, alemán, italiano, francés, romanés, polaco, sueco, noruegués, holandés, coreano, persa e chinés. Entre os seus títulos destacan "La muerte de Venus" (finalista do Premio Primavera de Novela 2007), "Habitaciones cerradas" (Planeta, 2011), que foi convertida nunha mini-serie de televisión e estreada en TVE en 2014; "Deseo de chocolate" (Premio Ramon Llull 2014) e "Diamante azul" (Destino, 2015). Na actualidade, imparte talleres literarios, exerce como crítica literaria e dedica todo o tempo que pode a coidar dos seus tres fillos que, nas súas propias palabras, son "as súas mellores obras".

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión