Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Los descendientes malditos del Tántalo"

Representado polo grupo de teatro "Sin ir más lejos"

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

05/10/2018

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Pídese puntualidade (non se permitirá entrar ao espectáculo unha vez comezado)

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Centro Ágora: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

5,00 euros

Organiza:

Casa Castela A Mancha

O grupo de teatro "Sin ir más lejos" é un novo grupo da Casa Castela A Mancha cun curto pero frutífero historial. Formado a raíz do montaxe "Don Juan Tenorio", no Teatro Colón (2016 e 2017), puxo en escena "El labrador de más aire", de Miguel Hernández, con notable éxito de público e crítica. Composto na súa inmensa maioría pola mocidade da terceira idade, os seus compoñentes só aspiran a gozar da nobre arte do teatro.

OS DESCENDENTES MALDITOS

DE TÁNTALO

A maldición "tantálida", "pelópida", "atrida"

Tántalo era fillo de Zeus, querido polos deuses e admitido aos seus banquetes. A Mitoloxía, en cambio, cebouse con el como "o malo da película".

Son varias as lendas negras que se nos transmitiron. A máis negra de todas relata que un día quixo saber se realmente os deuses eran tan deuses e tan sabios e adivinos como dicían e como presumían nas sobremesas; para pescudalo non se lle ocorreu outra cousa que matar, descortizar, guisar e servir á mesa dos deuses o seu propio fillo Pélope (epónimo actual do Peloponeso, rexión do sur de Grecia).

Naturalmente ningún dos deuses probou estofado, excepto Artemisa; viña "morta de fame" da caza e comeu un "filete de ombro" de Pélope.

Os deuses recompuxeron e resucitaron o pobre Pélope (excepto o anaco de ombro que o repuxeron de marfil).

Tántalo foi duramente castigado coa "maldición tantálida": está condenado a pasar fame e sede no Tártaro mentres está rodeado de auga e froitas pero, cando quere comer ou beber, os alimentos afástanse sen poder comelos.

Pero a maldición seguiu cos descendentes de Tántalo e cos descendentes de Pélope, (a "maldición pelópida") e cos descendentes de Atreo (a "maldición atrida") e así... de xeración en xeración ata... os nosos días..., pois non outra cousa que unha maldición é o que se instalou no palacio do ancián rei Antrax e da súa "un pouquiño" impúdica esposa Elektra.

DRAMATIS PERSONAE:

ANTRAX (Rei quito): Tinacho Pena

PHIDEOS (Rei posto): Paco López

ELEKTRA (Raíña que non reina): Lola González

FAETÓN (Asesor real): J. Luis Cuesta

ACIDIA (Ama de cría como Amaltea): Silvia Larrosa

CREOSOTA (Adiviña perversa): Mariquiña Miragaya

MINESTRA (Cociñeira experta en potaxe): Carmen Suárez

MELISSA (Hidromelera): Julia Miguel

CREUSA ( Escrava escravizada): Pili Pérez

MERCURIO (Deus alegre): José Rodríguez

ZEUS (Deus cabreado): Luis Quián

MENSAXEIRO (... de malas noticias): Benjamín König

ARSINOÉ (Sen oficio coñecido): Carmen Vidal

CORO ("lapídate en canto pases"): case todos os anteriores e Chelo Sanjurjo, Dolores Piqueras, Sofía Iglesias

CORIFEO (intenta dirixir o coro): Javier González

Dirección: Jesús Ricardo Martín

Vestiario: Esther Álvarez

Espazo sonoro: Gonzalo Arias

Xefe de prensa: José María Ares

Produción: Casa Castela A Mancha

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión