Concello da Coruña

Concello da Coruña

Os rostros do naufraxio

Obras da colección Gas Natural Fenosa centradas no tema da figura humana. Os rostros do naufraxio formúlase como unha antoloxía de "post retratos" e "anti retratos".

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 27/01/2017 ata o 01/06/2017

Xa rematou

Horario:

Martes a sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.30 horas
Domingos e festivos de 11.00 a 14.00 horas
Luns pechado
O museo permanecerá pechado os días 1 e 6 de xaneiro, 1 de maio e 24, 25 e 31 de decembro

Enderezo:

Avda. de Arteixo 171, Bj. 15007 A Coruña

Prezo:

Gratuíta

Exposición formada por unhas corenta obras, da colección Gas Natural Fenosa, -entre as que destacan algunhas de moi recente adquisición- e centrada no tema da figura humana. "Os rostros do naufraxio", que así se titula, formúlase como unha antoloxía de "post retratos" e "anti retratos". É dicir, como un percorrido polas distorsións que a experiencia contemporánea introduciu nos vellos clixés deste xénero, establecidos no occidente cristián hai máis de 500 anos. Ao mesmo tempo, "Os rostros do naufraxio" funciona como un mostrario da infinidade de recursos técnicos e enfoques discursivos que se encontran ao alcance dos artistas plásticos nestas primeiras décadas do século XXI. Obras de artistas como Esther Ferrer, Pilar Albarracín, Isabel Rocamora, Pere Formiguera, Pérez Siquier, conforman estes rostros.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión