Concello da Coruña

Concello da Coruña

Love the 90's

A Coruña vivirá o vindeiro sábado 17 de novembro ás 21:00 horas a súa noite máis remember grazas ao concerto Love the 90’s, que reunirá no Coliseum da Coruña a varios dos mellores artistas nacionais e internacionais do dance dos 90. A apertura de portas será ás 19:00 horas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

17/11/2018

Xa rematou

Horario:

21:00 h

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

As entradas para o concerto LOVE THE 90's o vindeiro sábado 17 de novembro de 2018 ás 21:00 horas teñen un prezo desde 32 euros + gastos de xestión. O prezo pode variar en función da zona do recinto seleccionada.

  • Pista Premium de pé (s/n) - 80'00 € + gastos

  • Pista de pé (s/n) - 45'00 € + gastos

  • Tendido baixo (numerado) - 37'00 € + gastos

  • Tendido medio (numerado) - 35'00 € + gastos

  • Tendido alto (numerado) - 32'00 € + gastos

Todas aquelas persoas que accedan ao evento deben facelo con entrada.

POLÍTICA DE MENORES: Os/as menores de 16 anos teñen que asistir ao evento acompañados dunha persoa adulta responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada que se pode descargar na seguinte ligazón: Descargar aquí.

Organiza:

IMCE

Polo escenario de Love the 90's pasarán artistas nacionais e internacionais como Jenny Berggren de Ace of Base, Ice MC, Corona, Alexia, Wighfield, Nathalie from The Soundlovers, Paco Pil, Sensity World, Marian Dacal, Rebeca, Chimo Bayo e OBK, que lembrará os seus grandes hits convertendo o Coliseum por unha noite nunha gran discoteca.

Non faltarán tampouco dous dos grandes buques insignia do festival: o coñecido locutor Fernandisco, quen exercerá de presentador do concerto, e The Jumper Brothers, que serán os responsables da animación do mesmo co seu dj set.

Efectos visuais, un grande escenario... e moito baile

Love the 90's é un show deseñado para que o público non deixe de gozar e de bailar durante varias horas. Un escenario espectacular, efectos audiovisuais e de luces nunca vistos, coreografías e moitas outras sorpresas que fan do concerto toda unha experiencia.

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Coliseum: aberto só días de concerto desde as 17.00 h ata o inicio do concerto (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión