Concello da Coruña

Concello da Coruña

Luis Seoane. Retrato de esguello

Luis Seoane é, para moitos, a personalidade máis relevante da cultura galega no século XX, polo menos no ámbito do artístico e creativo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 11/05/2016 ata o 02/10/2016

Xa rematou

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Páxina web:

www.fundacionluisseoane.gal

Organiza:

FUNDACIÓN LUIS SEOANE

A exposición é un estudo pormenorizado de todo o seu legado en relación co contexto internacional da arte ata os nosos días. A exposición, que se concibe como un diálogo coa sala permanente de Luis Seoane e coa mostra que, na planta baixa, indaga na relación do artista con Carlos Maside, abrangue os seus máis de cincuenta anos de traxectoria artística a través de máis de 200 obras entre pinturas, debuxos, gravados, augadas, tapices, carteis publicitarios, bosquexos murais, deseños cerámicos e publicacións, un auténtico acontecemento cultural que forma parte da celebración do vinte aniversario da creación da Fundación Luis Seoane (1996-2016). Luis Seoane é, para moitos, a personalidade máis relevante da cultura galega no século XX, polo menos no ámbito do artístico e creativo.

O obxectivo principal desta exposicion, realizada pola Fundación Luis Seoane en colaboración co MARCO Museo de Arte Contemporánea de Vigo, é amosar a voz de Luis Seoane nas súas múltiples facetas: creador complexo e diverso, de vocación universal, intelectual comprometido, pintor, debuxante, gravador, muralista, deseñador gráfico e industrial, escenógrafo teatral, poeta, narrador, guionista, ensaísta, comunicador en prensa escrita e radiofónica, crítico e teórico das artes, a súa traxectoria sitúao como a personalidade máis poliédrica da cultura galega do século XX. A mostra proxecta a expresividade da cor da súa pintura e dos seus tapices, a súa extraordinaria sensibilidade para o debuxo, e a súa capacidade e dominio das técnicas do gravado ou da pintura mural, da que se incluen bosquexos e documentos gráficos, así como o seu inxente labor editorial como impulsor de coleccións ou diagramador de revistas, como ilustrador e deseñador de cubertas e como editor, onde xugou un papel no desenvolvemento do libro na Arxentina, sempre coa cultural galega como pano de fondo.  
 
Comisario:  David Barro

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión