Concello da Coruña

Concello da Coruña

Maxia, circo e xogos para os máis pequenos

Se nos esquecésemos dos máis pequenos, as festas de San Xoán non terían sentido, nin serían máxicas. Por iso teñen un espazo importante reservado, só para eles.

Cando:

Dende o 16/06/2013 ata o 30/06/2013

Xa rematou

Documentos:

Axenda Sanxoaneiros 2013 (61 KB)

Distintos en tamaño, pero iguais na capacidade para espertar sorrisos, cabezudos e monicreques van da man nun espectáculo infantil que percorrerá os barrios coruñeses durante todo o mes de xuño para que ninguén quede sen festa.

Tamén haberá circo, teatro, maxia e inchables en Santa Margarita, o 16 de xuño. Esa tarde o parque acollerá xogos de animación “xigantes”, xogos tradicionais e talleres creativos de chapas, malabares e costumes de San Xoán. Seguramente, as acrobacias e os malabares con lume do circo Chosco “Voando” deixará a nenos e maiores coa boca aberta.

Outro recuncho cheo de maxia estará localizado nos Xardíns de Méndez Núñez o día 22. Alí, poderán vivir unha aventura no labirinto máxico ou apuntarse aos talleres da lenda dos elementos.

Sen dúbida, vivirán os momentos máis divertidos da xornada do día 24 en María Pita. Ese día están programados os concertos do grupo infantil Mamá Cabra, Tic Tac, Pablo Díaz e A nena e o grilo. Poderán bailar con Pés de Lan e ao son dos ritmos de Odaiko. E terán máis circo con Desastronaut “Un día de praia”.

Mentres tanto, para que non se poida oír nin un só “abúrrome”, talleres de construción de instrumentos, monicreques, unha casa dos xogos... e moito máis!

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión