Concello da Coruña

Concello da Coruña

Manuel Gallego. Arquitectura 1969-2015

Arquitectura 1969-2015, a primeira retrospectiva do arquitecto galego e Premio Nacional de Arquitectura (1997).

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 18/11/2015 ata o 10/04/2016

Xa rematou

Horario:

De martes a domingo
12:00h – 14:00h
18:00h – 21:00h

Enderezo:

Fundación Barrié. Cantón Grande 9. 15003 A Coruña

Prezo:

gratuíta

A exposición, comisariada polo propio autor e deseñada polo arquitecto e fotógrafo Pablo G. Picard, é unha produción propia da Fundación Barrié, organizada en colaboración co estudo de Manuel Gallego Jorreto.

A Fundación Barrié complementa este proxecto coa edición dunha publicación e cun amplo programa educativo gratuíto, para todos os públicos, ao redor da obra de Manuel Gallego con campamentos de Nadal, talleres para familias e escolares, visitas guiadas e un ciclo de conferencias.

A exposición componse por unha selección de proxectos construídos e propón crear un fío argumental que permita desenvolver un discurso que facilite e provoque miradas diversas sobre a arquitectura, aproximándose así á súa complexidade. Para iso sublíñanse algúns dos argumentos conceptuais que foron a base destas arquitecturas: a idea e o contexto. A idea como soporte conceptual da arquitectura, como argumento que ordenaa súa materialidade, a súa construción, o seu uso, a súa forma e o seu significado. E o contexto, no seu sentido máis amplo, como o lugar físico onde se sitúa a construción, pero tamén como esa paisaxe que é expresión dunha orde sobre un territorio. É dicir, trátase de mostrar as forzas exteriores e interiores que dominan o proxecto, desde o que chamamos espírito do lugar ata a idea máis abstracta que ordena e lle dá unha intención á arquitectura.

+ información http://www.fundacionbarrie.org/es/actividades/exposiciones

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión