O museo imaxinario
Para público en xeral
26/04/2017
Xa rematou
19:30 h
Libre e gratuíta
Cando falamos do dó falamos de traxedia: ferida, ruptura, creba temporal e histórica. O dilema do "sobrevivente" ocupa un lugar incerto entre a negación e a afirmación da vida. Os traballos do dó serían entón os da conciencia desa perda, á vez que da recuperación da dimensión simbólica como "tarefa" da forma ou como tamén poderiamos chamar: as escrituras do dó. Esta charla xira arredor dalgunhas das reflexións sobre a perda, desde o punto de vista de diferentes disciplinas como a filosofía, a literatura e a estética para resolver as incógnitas sobre a relación entre o dó e os traballos da arte.
María Virginia Jaua. Licenciada en Comunicación Social e en Lingua e Letras Hispánicas. Realiza a súa Mestría de investigación en Letras Modernas-Estudos de Xénero, Arte e Literaturas Francófonas na Universidade Sorbonne Nouvelle. Desempeñou o seu labor como escritora e comisaria en diversos proxectos culturais. Actualmente dirixe Campo de relámpagos, revista online de crítica, análise e cultura visual. No 2015 publica Idea de la ceniza coa editorial Periférica.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible