Concello da Coruña

Concello da Coruña

Martes de Carnaval

É un espectáculo do CDG composto de dúas pezas: As galas do defunto e A filla do capitán.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 02/06/2017 ata o 03/06/2017

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, +65 anos, desempregados: -20%)

Televenda:

Ticketea

As galas do defunto: Un soldado retorna á súa patria despois de combater na guerra de Cuba. Ao chegar, atópase coa Daifa, unha moza que se viu obrigada a exercer a prostitución despois de ser desprezada polo seu pai por causa dun embarazo fóra do matrimonio.

Ante o aspecto miserento do soldado, a moza rexéitao. Este conduce os seus pasos ao cemiterio, onde desenterra o cadáver do seu finado caseiro para vestir coas súas ricas roupas e así poder presentarse ante a Daifa con inmellorable aparencia. O que non espera é que o seu caseiro sexa o propio pai da Daifa...

A filla do capitán: O capitán "Chuletas de Sarxento", acusado de dar carne de prisioneiro no rancho da tropa, elude a xustiza cedéndolle os favores da súa filla Sini ao seu xeneral, un vividor moi ben posicionado no alto mando militar.

Por despeito, o namorado de Sini, un pobre músico ambulante, busca vinganza sobre o xeneral, pero confunde a vítima e asasina a un popular home de negocios que portaba na carteira poderosos documentos.

As tentativas de ocultaren o crime por parte de todos os implicados provocan unha bóla de neve que deriva nunha sucesión de chantaxes, ameazas, tratos coa mafia, manipulación xornalística, loitas políticas e sublevacións militares nun fiel retrato dun país onde as decisións da alta política veñen derivadas dos vicios, os abusos e a ineptitude dos seus responsables.

Venda de entradas:

Despacho central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h

Televenda: 902 044 226

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión