Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de outubro de 2018

Médicos sen Fronteiras achega ao alumnado a realidade dos Rohingyas

A exposición "O éxodo Rohingya" estará no vestíbulo do Fórum Metropolitano do 26 de novembro ao 1 de decembro.

A través dunha exposición composta por paneis informativos, fotografías e lentes de realidade virtual a persoa visitante poderá viaxar a Bangladesh e poñerse na pel destas persoas que tiveron que fuxir de Myanmar e que viven en campos superpoboados no país veciño.

Médicos sen Fronteiras pretende con esta campaña que a sociedade galega coñeza cal é a situación desta minoría en Bangladesh. Persoal de Médicos sen Fronteiras realizará visitas guiadas á mostra e profundará nos seus contidos.

A exposición está dirixida a alumnos de 3º e 4º de ESO, Bacharelato e ciclos formativos.

A visita

A actividade, gratuíta e dunha hora de duración, está pensada para grupos de entre 25 e 20 alumnos. Realizarase de luns a venres, preferiblemente en horario de mañá (10.00 a 14.00 horas), ou de tarde (de 16.00 a 20.00 horas).

Inscricións

Os centros interesados en participar nesta visita guiada deberán inscribirse enviando un correo electrónico a msf-santiago@barcelona.msf.org coas seguintes indicacións:

  • Nome do centro
  • Persoa de contacto (profesor/a ou director/a do centro)
  • Número e idade de asistentes
  • Día e hora da visita guiada

O prazo de inscrición finaliza o 21 de novembro.

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión