Concello da Coruña

Concello da Coruña

MÍRAME! Retratos e outras ficcións na Colección ”La Caixa” de arte contemporánea

Retratos e outras ficcións na Colección ”La Caixa” de arte contemporánea reflicte unha das coleccións máis importantes de Europa consagrada á creación do noso tempo. O tema escollido resulta especialmente adecuado: as metamorfoses da identidade, nun mundo cambiante que perdeu as antigas certezas. Os/as artistas interróganse sobre emocións e convencións da identidade, memoria e máscara. A exposición, comisariada por Nimfa Bisbe, reúne unha serie de grandes artistas internacionais: Ana Laura Aláez, Janine Antoni, Juan Navarro Baldeweg, Jean-Michel Basquiat, Christian Boltanski, Victoria Civera, Rineke Dijkstra, Marlene Dumas, Esther Ferrer, Günther Förg, Curro González, Stefan Hablützel, Roni Horn, Sharon Lockhart, Pedro Mora, Vik Muniz, Óscar Muñoz, Bruce Nauman, Carlos Pazos, Cindy Sherman, Antoni Tàpies, Gillian Wearing e Sue Williams. Debuxo, pintura, escultura, vídeo, fotografías e instalacións. A selección ilustra o método transversal da Colección "La Caixa" de arte contemporánea que arrinca na década dos anos oitenta e chega ata os/as mozos/as creadores/as de hoxe: un conxunto de artistas de todas as nacionalidades, estilos e tendencias. Fronte ás identidades inmutables do pasado, retratos e outras ficcións na Colección ”La Caixa” de arte contemporánea permítenos descubrir maneiras de ser e de vivir no diálogo, na interrogación, na procura ou no conflito: itinerarios persoais que se ofrecen xenerosamente como referencia e guía para a vida colectiva.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 10/05/2018 ata o 30/09/2018

Xa rematou

Horario:

Horario

Martes a sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.30 horas. Domingos e festivos de 11.00 a 14.00 horas

Luns pechado

O museo permanecerá pechado os días 1 e 6 de xaneiro, 1 de maio e 24, 25 e 31 de decembro

Enderezo:

Avda. de Arteixo 171, Bj. 15007 A Coruña

Prezo:

gratuíto

Artistas: Ana Laura Aláez, Janine Antoni, Juan Navarro Baldeweg, Jean-Michel Basquiat, Christian Boltanski, Victoria Civera, Rineke Dijkstra, Marlene Dumas, Esther Ferrer, Günther Förg, Curro González, Stefan Hablützel, Roni Horn, Sharon Lockhart, Pedro Mora, Vik Muniz, Óscar Muñoz, Bruce Nauman, Carlos Pazos, Cindy Sherman, Antoni Tàpies, Gillian Wearing e Sue Williams.

Comisaria: Nimfa Bisbe

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión