Concello da Coruña

Concello da Coruña

Monotipos de Ana Zapata

Monotipo: clase de gravado moi apreciado polos coleccionistas de arte debido a que o creador ou creadora en cuestión inicia todo o proceso técnico co fin de obter unha única impresión desa obra.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/06/2017 ata o 05/07/2017

Xa rematou

Horario:

de martes a sábado, de 11.00 a 13.30 e de 18.00 a 20.00 h

domingos e festivos, de 12.00 a 14.00 h

Enderezo:

Casa Museo María Pita. Rúa Herrerías 28. 15001 A Coruña

Organiza:

Casa María Pita

A creación de monotipos é unha técnica que admite innumerables procesos experimentais e plásticos, xa que permite plasmar con total liberdade de expresión calquera tema, figurativo ou abstracto, e ata pode conxugarse con outras técnicas afíns.

O monotipo é o soporte elixido por Ana Zapata, pintora e escultora colombiana instalada en Galicia, para realizar a súa primeira mostra pictórica na Coruña, Monotipos, a cal será inaugurada o próximo 16 de xuño na Casa Museo de María Pita.

En realidade, esta é a segunda vez que a novísima artista de Medellín mostra o seu traballo na nosa cidade, pois o pasado mes de decembro realizou unha intervención artística, multidisciplinar, na dársena, titulada Ser y sombra e incluída dentro do programa Expontáneas fomentado polo Concello da Coruña.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión