Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mosca de Sudhum Teatro

Con Mosca, a compañía Sudhum Teatro trae a escena o tema do acoso escolar, unha realidade pouco visible ou que non se trata de forma axeitada.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 27/10/2017, 28/10/2017

Xa rematou

Horario:

20:30 h

** Prégase puntualidade, unha vez comenzada a función non se permitirá o acceso á sala.

Duración:

60 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entradas: 9,00 € (carné xove, +65 anos e persoas desempregadas: 7,00 €)

Venda anticipada: 6,00 € (até o día anterior a cada función ás 23.59 h)

**Todos os que acedan ao espazo no que terá lugar o espectáculo, deben facelo con entrada

Televenda:

Ticketea

Organiza:

IMCE

Contacto:

981 18 42 93

MOSCA é un xogo de nenos capaz de se converter nun pesadelo. Pedro sábeo ben. Con só dez anos xa pesa sobre el o sufrimento de ser vítima do abuso. Dun abuso que, ademais, se practica entre iguais.

O acoso escolar é un dos nosos maiores fracasos como sociedade e o índice de suicidios por esta causa resulta alarmante. Hai quen mesmo cre que é máis axeitado chamalo "asasinato social".

Con esta aposta, Sudhum Teatro volve traer a escena realidades que afectan á infancia e á educación, uns temas pouco visibles ou non tratados da maneira axeitada. Para compensar esta falta, a obra afonda sobre as emocións de quen é vítima do acoso escolar, reflexionando sobre a súa vida e prestando atención a como o medo, os prexuízos e a impotencia poden chegar a impregnar todo o seu contorno.

Dirección: Gustavo del Río.

Intérpretes: Fátima Domínguez, Luciana Drago e Fernando de Retes.

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho de billetes do Fórum: Aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h) e web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión