Concello da Coruña

Concello da Coruña

Muxua (Un bico)

Lorenzo ten 15 anos. Chega dende o orfanato a unha familia de acollida nunha pequena cidade de provincias italiana. Alí namórase de Antonio, un mozo con dificultades para expresar o que sente e que non sabe reaccionar ante o afecto de Lorenzo. Testemuña de todo é Elena, unha mestra desexosa de lle dar ao seu alumnado a coraxe da que ela mesma carece. E no centro, un bico, un único e sinxelo bico capaz de desencadear a tolemia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

22/02/2019

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Con convite en www.ticketea.com ou na taquilla do Fórum(en caso de quedar entradas dispoñibles)

Unha proposta teatral directa e sinxela pero artisticamente ambiciosa, especialmente dirixida á mocidade, coa que abordar dun xeito natural, sen didactismos nin paternalismos, cuestións como a identidade sexual, a homofobia, o acoso ou o conservadorismo na escola.

Con Mireia Gabilondo, Ander Iruretagoiena e Haritz Morrás

De Eguilea Ivan Controneo, baixo a dirección de Zuzendaritza Fernando Bernués

Compañía: TANTAKA TEATROA

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión