Concello da Coruña

Concello da Coruña

Nacho Vegas

NACHO VEGAS é, a día de hoxe, un dos artistas máis consolidados e respectados do noso país.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

27/12/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto, non se permitirá o acceso á sala)

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Entrada anticipada: 20€ | Taquilla: 25€  

(Deberán ter entrada todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto)

(As persoas compradoras de entradas con desconto, deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao recinto no que terá lugar o espectáculo)

Nos escenarios desde os anos noventa con grupos como Eliminator Jr ou Manta Ray, comezou a súa carreira en solitario en 2001 co selo independente madrileño Limbo Starr mentres paralelamente formaba o grupo Lucas 15 con outros músicos asturianos. Con este selo publicou o seu primeiro disco en solitario, "Actos inexplicables" (2001).

Desde que comezou a súa traxectoria en solitario, Nacho Vegas publicou varios discos e EP, e tamén fixo destacadas colaboracións, como "El tiempo de las cerezas" con  Enrique  Bunbury (2006) ou "Verano Fatal" (2007) con Christina  Rosenvinge.

O pasado mes de xuño, Nacho Vegas editou ' Violética' (Marxophone, 2018). O álbum  contén 18 temas e conta con diversas colaboracións, entre as que salientan as de Cristina Martínez, Christina  Rosenvinge ou  Maria Rodés.

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Colón: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión