Concello da Coruña

Concello da Coruña

Niño de Elche en A Coruña

Cantaor multidisciplinar e exflamenco, soubo xuntar nas súas variadas propostas artísticas xéneros ou disciplinas como o flamenco, a electrónica, a literatura, a performance, a poesía fonética, o rock, a canción de autor ou a música contemporánea, entre outras.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

13/12/2018

Xa rematou

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Organiza:

Adhesión Mercantil Coruñesa, SL

Entre a súa produción discográfica (os álbums 'Strates' ou 'Sí, a Miguel Hernández', e o seu proxecto en común con Toundra, a banda Exquirla) o seu último traballo publicado, 'Voces del Extremo' (2015), situouno no punto de mira mediático: con el obtivo o Premio Ruído da Asoc. de Prensa Musical e foi disco do ano para medios especializados como Rockdelux, El País ou Radio 3. Con este proxecto participou en festivais como Womex, Manchester Jazz Festival, Les Transmusicales, Womad ou Sónar.

O novo proxecto de NIÑO DE ELCHE -dirixido polo artista Pedro G. Romero e producido por Raúl Fernández 'Refree'- sorprende baixo o nome de 'Antología del cante flamenco heterodoxo'. Composta por 27 pezas, esta antoloxía recolle as influencias flamencas do cantaor reinventadas en crebacabezas sonoros.

+ Información e prezos

http://www.teatrocolon.es/es/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión