Concello da Coruña

Concello da Coruña

Nunca é tarde para a arte e o amor

O proxecto expositivo titulado “NUNCA É TARDE PARA A ARTE E O AMOR” reúne unha selección de obras realizadas polo autor Germán Alfredo Herretes Castro nos últimos anos, onde pon de manifesto, a través dos seus debuxos, plasmando os momentos cotiáns da vida das persoas que nos rodean, equiparándoos á arte e o amor.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 09/01/2018 ata o 09/02/2018

Xa rematou

Horario:

De martes a sábado de 11 a 13:30 h e 18 a 20 h. Domingos e festivos de 12 a 14 h.

Enderezo:

Casa Museo María Pita. Rúa Herrerías 28. 15001 A Coruña

Prezo:

gratuíta

"NUNCA É TARDE PARA A ARTE E O AMOR" trata de compartir a posibilidade de comezar en calquera momento unha nova etapa baseada nesta relación dual como o é entre a arte e o amor; arte como manifestación da persoa e amor como fonte de calor e estímulo para desenvolvelo, permitíndonos abrir os ollos e contemplar o mundo que nos rodea.

Cursa estudos de primaria e bacharelato en Caracas (Venezuela). Bolseiro de Fundayacucho, viaxa a España onde se gradúa como "Técnico Especialista en Delineación de Edificios e Obras" no Instituto Politécnico "Virgen de la Encina" de Ponferrada, León en 1979, e posteriormente Arquitecto Técnico na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica, pertencente á Universidade da Coruña (1979-1983).

A súa profesión de delineante e arquitecto técnico desde os anos 80 permítelle desenvolver o seu traballo elaborando numerosos proxectos técnicos, debuxando planos a lapis, co que consegue un dominio da técnica, achegando numerosos matices aos distintos trazos, nun soporte que non era artístico.

A exposición estará acompañada dun catálogo dispoñible en soporte dixital.

Comisario

José Manuel Solá

Máis información

http://germanherretes.blogspot.com.es

Instagram: gherretescastro

Facebook: German Herretes Castro

Correo electrónico: gherretes@gmail.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión