Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de novembro de 2018

O alcalde convida á cidadanía a acudir á LXXIII edición do Teresa Herrera, que se celebra cun Riazor practicamente renovado e con competición feminina, “algo que felizmente xa non é noticia na Coruña”

O alcalde salientou que a intervención do estadio, de máis de 7 millóns de euros, está próxima a súa finalización, así como a que dotará de maior accesibilidade as beirarrúas de Manuel Murguía, na recepción aos equipos participantes na competición, que se celebra esta tarde

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, recibiu hoxe no pazo de María Pita aos equipos participantes na LXXIII edición do Trofeo Teresa Herrera de Fútbol, que este ano enfrontará ao Deportivo da Coruña co Athletic Club de Bilbao. No acto, o rexedor salientou as particularidades desta edición "que se celebra en novembro, e non en agosto, como é habitual, debido ás obras que se acometen de Riazor, de máis de 7 millóns de euros, que xa están próximas ao seu remate e que permitirán que a cidadanía teña un estadio máis seguro, máis cómodo e máis accesible". "O Teresa Herrera deste ano conta con novidades, como é o cambio de data debido a unhas obras moi demandadas que están a piques de rematar, pero conta con outros fitos que, felizmente, xa non son noticia nesta cidade, como que contamos con competición feminina", dixo o primeiro edil no marco dun acto no que tamén estaban presente a concelleira de Igualdade, Rocío Fraga, e o titular de Deportes, José Manuel Sande, ademais dos presidentes do Deportivo e o Athletic, Tino Fernández e Josu Urrutia, o da Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña (AFAC), Manuel Vázquez, e o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Juan Luis Villamisar.

A preguntas dos medios e en canto á evolución das obras no estadio de Riazor, Ferreiro comentou que a día de hoxe as estruturas fundamentais están practicamente rematadas e o que resta é finalizar a colocación da placas da cuberta. "Como saben as actuacións ralentizáronse un pouco as últimas dúas semanas debido á situación metereolóxica", engadiu, á vez que manifestou que, non obstante, "neste momento, as actuacións xa non supoñen ningunha molestia para os afeccionados". "O inicio da Liga fixo que efectivamente cada partido significase un pequeno parón nas obras pero creo que conseguimos o obxectivo fundamental de levar a cabo todos os partidos en Riazor, que en breve vai ter rematada unha actuación que garantirá unha cuberta en condicións, que garantirá maior seguridade, visibilidade e que non haxa pingueiras no estadio", comentou. Unha vez rematada a colocación da membrana de cuberta, cos seus desaugues e xuntas, procederase a instalar a pasarela solicitada pola Inspección de Traballo. Ao fío, o responsable municipal tamén salientou o avance das obras da rúa Manuel Murguía, que contará con beirarrúas adaptadas á normativa de accesibilidade unha vez que se complete a reforma iniciada xa na marxe do estadio de Riazor.

Na actualidade, as obras de Manuel Murguía teñen un grao de execución que ronda o 80%. O 20% restante corresponde á colocación das baldosas, que ten xa executada a metade da superficie. Aínda que o remate desta actuación é inminente, o espazo correspondente ao lugar que agora ocupa o guindastre usado para as obras da cuberta do estadio, rematarase unha vez este sexa retirado.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión