Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de febreiro de 2019

O centro Ágora acolle este venres, 15 de febreiro, a presentación do documental 'Vértice de versos', que percorre as últimas décadas da poesía galega

A proxección, promovida pola área municipal de Normalización Lingüística, inclúe un coloquio no que participarán o seu creador, Carlos Lorenzo, e poetas que interveñen na película, como Yolanda Castaño ou Emma Pedreira

O departamento de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza a presentación do documental Vértice de versos este venres, 15 de febreiro, ás 20.00 horas no Centro Ágora. A longametraxe de non ficción, dirixida por Carlos Lorenzo, aborda as últimas tres décadas da poesía galega e conta coa participación de 17 poetas. A primeira proxección deste traballo na Coruña, cuxa entrada será libre até completar a capacidade do auditorio, contará cunha presentación do seu creador e, posteriormente, cun coloquio co público moderado por Mercedes Queixas no que tamén participarán Yolanda Castaño, Emma Pedreira e Miguel Anxo Fernán Vello.  

Vértice de versos ofrece unha panorámica da situación da poesía galega, un dos principais valores da cultura do país, facendo fincapé nas xeracións máis recentes, nos seus antecedentes históricos, nos seus éxitos, así como nas novas formas de expresión poética ou no papel salientable do colectivo de mulleres poetas. O documental centra, en maior medida, a súa atención nas traxectorias de Baldo Ramos, Emma Pedreira, Yolanda Castaño e Gonzalo Hermo.

A raíz do documental, elaborouse diverso material --dispoñible en www.verticedeversos.gal-- que o profesorado de ensino secundario pode empregar á hora de tratar os temarios relacionados coas xeracións actuais de poetas. Para máis información sobre esta e outras actividades impulsadas polo Servizo de Normalización Lingüística, pódese visitar www.coruna.gal/lingua.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión