Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de abril de 2018

O centro Ágora implanta un proxecto piloto para facilitar o acceso das persoas con diversidade cognitiva ao equipamento a través dos seus dispositivos móbiles

A iniciativa, posta en marcha coa colaboración de Aspronaga, propón unha serie de apoios informativos que permiten que as usuarias se poidan desenvolver con autonomía na biblioteca

O Concello da Coruña e a Asociación Pro Persoas Con Discapacidade Intelectual de Galicia (ASPRONAGA) veñen de implantar este mes de abril no centro Ágora un proxecto piloto que ten como finalidade favorecer o desenvolvemento da autonomía das persoas con diversidade cognitiva dentro do equipamento municipal. A través dunha aplicación dispoñible para dispositivos móbiles, as persoas usuarias poden contar cunha serie de apoios informativos que lles outorga unha maior independencia para acceder así aos espazos e servizos que ofrece o centro sociocultural e, especialmente, a súa biblioteca.  

A iniciativa, posta en marcha polo Servizo Municipal de Bibliotecas coa colaboración da entidade social ASPRONAGA, supón a instalación de códigos QR tanto na entrada do recinto como no seu mostrador, uns indicadores que recollen os procesos implicados nas rutinas máis habituais ou significativas na biblioteca. Así, os códigos conteñen información sobre o acceso a servizos nos que a persoa pode estar interesada, como poden ser farcerse socia, realizar un préstamo, dirixirse ao mostrador para realizar unha xestión ou ir ao baño. Unha vez que se escanea o QR, este ofrece, a través dunha secuencia en imaxes, pequenos vídeos ou texto de lectura fácil, os pasos necesarios para facer uso do servizo sen necesidade de preguntar a outras persoas, o que favocere o desenvolvemento da autonomía das persoas con diversidade cognitiva.

A biblioteca municipal do centro Ágora comezou a traballar na implantación da aplicación Mefacilyta --un proxecto da Fundación Vodafone que se desenvolveu coa colaboración de máis de 50 entidades sociais e do ámbito da saúde-- hai máis dun ano. Este mes de abril, un grupo de usuarias de ASPRONAGA avaliou os distintos pasos recollidos nos desenvolvementos propostos polo persoal da biblioteca e validou o servizo como útil e comprensible.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión