Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de maio de 2017

O concelleiro de Culturas saúda a decisión do xulgado de arquivar a causa aberta polo cartel do Entroido

“Estabamos tranquilos porque non esperabamos outra resolución, baseándonos en dereitos tan fundamentais como o da liberdade de expresión e manifestación artística e en que nunca houbo intención de ofender a ninguén”, dixo Sande

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, valorou este mércores a decisión do xulgado coruñés de Instrución 3 de sobreser de maneira provisional e arquivar a causa aberta contra a súa persoa tras unha denuncia que consideraba que o deseño dun dos carteis cos que se publicitaron as festas do Entroido 2017 na cidade podía constituír un delito contra os sentimentos relixiosos. "A lóxica e o sentido común impóñense finalmente", sinalou o responsable municipal, despois de indicar que "en ningún momento houbo maior preocupación polo procedemento xudicial, dado que tampouco houbo nunca intención de ofender co cartel". "Non podiamos esperar outra resolución que esta, baseándonos en dereitos tan fundamentais como a liberdade de expresión e de manifestación artística que tanto defendemos, e tendo en conta que este cartel non ataca a ninguén, simplemente reflexa o espírito irreverente do Entroido coruñés, festa prohibida durante anos por aqueles, precisamente, que impuñan o silencio", indicou o edil. No mesmo sentido, declarou non ter estado preocupado "en ningún momento" pola resolución deste proceso, que cualificou coma "unha anécdota, e case unha extensión do propio Entroido".

O auto xudicial onde se acorda o sobresemento remítese a un informe da Fiscalía, que interesou o arquivo, ao "non resultar acreditada a perpetración da infracción penal", por entender que o debuxo "constituiría ao sumo unha imaxe provocadora ou satírica, pero non cuestionaría directa ou indirectamente ningún dogma, crenza, rito ou cerimonia da relixión católica", aínda no caso de entender que este facía referencia ao actual papa. Nesta liña, o informe do Ministerio Público acepta a posibilidade de que o cartel representase "unha simple caricatura dunha persoa disfrazada do sumo pontífice" e salienta que este é un disfrace "bastante habitual nas festas de Entroido desta cidade". Do mesmo xeito, considera que non quedou acreditado no procedemento "a intención do autor do cartel ou da persoa que o encargou -o concelleiro de Culturas- de ofender os sentimentos relixiosos". "Non convén perder de vista que se trata dun cartel exhibido nun contexto concreto (as festas de Entroido)", recolle o informe.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión