Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de febreiro de 2019

O Concello capta case 200.000 euros de fondos europeos para poñer en marcha un proxecto encamiñado a favorecer a internacionalización das empresas culturais coruñesas

A Concellería de Culturas impulsará, xunto con outras sete entidades de España e Portugal, un plan que pasa “pola implementación de actuacións estratéxicas centradas en subsectores culturais moi importantes na Coruña, como o audiovisual, o cómic ou o da ilustración”

O Concello da Coruña logrou captar 193.875 euros procedendes de fondos europeos FEDER para o desenvolvemento dun proxecto de fomento das industrias culturais e creativas. Foi no marco da convocatoria de axudas do programa de cooperación interrexional POCTEP para España e Portugal, centrado no fomento das empresas deste ámbito. Segundo explica o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, o concello coruñés presentou un plan "dirixido a potenciar a capacidade das empresas culturais para establecer relacións de cooperación con axentes internacionais, tanto no procesos de produción como distribución, mellorando desta forma a súa internacionalización". O Concello actuou como coordinador deste proxecto, denominado Ibericc Global, no que tamén participaron outras sete entidades españolas e lusas como son a Fundación Santa María la Real del Patrimonio Histórico, as cámaras de comercio de Sevilla, Badajoz e Faro, a fundación Andalucía Emprende, a Asociación Empresarial da Rexión de Portalegre (Nespor) e o Centro de Innovación Empresarial da Beira Interior. Cun orzamento conxunto estimado en algo máis dun millón de euros, a aportación europea para o total do proxecto suma 907.000 euros. Unha vez que as axudas se reciban de forma efectiva, tanto Concello da Coruña como o resto de entes cos que se presentou a esta convocatoria terán un prazo de 30 meses para desenvolver o proxecto.

"O programa interrexional España Portugal 2014-2020 fai especial fincapé en que os territorios fronteirizos desenvolvan e implementen novos modelos empresariais para as pemes, en particular, para fomentar a súa internacionalización", comenta Sande, quen explica que o proxecto coordinado polo Concello da Coruña contempla "a posta en marcha de distintas actuacións que poden ser moi beneficiosas para subsectores específicos do tecido cultural que, no caso da Coruña, teñen gran presenza, prestixio e relevancia, como é o audiovisual, o cómic e a ilustración e o sector do libro". O proxecto comprende distintas actuacións como son un mapeo e selección das empresas culturais radicadas nos distintos territorios de actuación así como un traballo posterior de sensibilización, formación e asesoramento. "Ademais, do que se trata é de axudar a estas empresas a desenvolver plans que fomenten a súa internacionalización e captación de novos mercados mantendo, dende logo, o seu equilibrio económico", indica Sande, quen explica que "a rama coruñesa deste proxecto cooperativo propón actuacións relacionadas coa industria cultural da cidade por valor de 228.000 euros, dos que 85% serán aportados por Europa". A realización de encontros empresariais no sector das industriais culturais, o deseño dunha plataforma virtual para cooperación e intercambio de información, así como a participación en feiras e festivais internacionais do sector son outras das liñas de actuación especificadas neste plan de actuación.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión