Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de maio de 2019

O Concello rende homenaxe á diversidade sexual coa mostra fotográfica 'De par en par', que se poderá visitar na Casa Museo Casares Quiroga e na Fundación Luís Seoane

O traballo de Xosé M. Buxán Bran, que se atopará nos lugares de tránsito de ambos espazos expositivos até o 30 de setembro, pretende reivindicar, dende unha ollada ‘queer’, o amor igualitario

O Concello da Coruña visibilizará a pluralidade e a diversidade sexual cunha exposición fotográfica. Desde mañá, 16 de maio, e até o vindeiro 30 de setembro, a cidadanía poderá visitar, tanto na Casa Museo Casares Quiroga coma na Fundación Luís Seoane, a mostra De par en par. Amores entre iguais, un proxecto de Xosé M. Buxán Bran formado por instantáneas orixinais de época que o autor foi recompilando en diversos lugares do mundo e no que recrea un corpus plástico e visual en forma de exposición e fotolibro.

A apertura desta mostra chega nas proximidades do Día Mundial contra a Homofobia, o 17 de maio, e pretende render homenaxe, desde a cultura e as artes visuais, a dúas figuras que forman parte esencial da historia da Coruña, como son Elisa e Marcela, pioneiras do matrimonio igualitario a principios do século XX. As imaxes, en branco en negro e tomadas en estudos fotográficos, amosan parellas tanto de homes coma de mulleres, ou parellas travestidas. Buxán, profesor na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, quere reivindicar, a través deste traballo fotográfico e desde unha perspectiva queer, os afectos entre iguais e o amor igualitario.

As fotografías estarán repartidas por diferentes puntos de tránsito dos dous espazos expositivos,  co obxectivo de provocar que o público visitante se atope coas fotografías en calquera dos centros, en lugares diferentes aos habituais dos circuítos de exhibición destes recintos. O acto de apertura ao público será este xoves, 16 de maio, cunha dobre sesión. Ás 19.30 horas na Casa Museo Casares Quiroga, e ás 20.30 horas na Fundación Luis Seoane.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión