Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Convento de San Francisco Testemuñas Esquecidas

I Congreso Internacional de mozos investigadores da Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 05/10/2017, 06/10/2017, 07/10/2017

Xa rematou

Inscricións:

Inscrición gratuíta

Duración:

3 días

Enderezo:

Palacio de Capitanía de A Coruña . Praza de la Constitución 5. 15001

Prezo:

Inscrición gratuíta

Envía un correo a cxoven.investigadores.coruna@gmail.com e indica:

- Nome completo

- Documento Nacional de Identidade

- Teléfono

- Correo

Documentos:

Dossier (1 MB)

A entidade organizadora e coordinadora do I Congreso Internacional de Mozos Investigadores de A Coruña é a Asociación Cultural Beltane, formada por historiadoras da arte que buscan poñer en marcha actividades que acheguen a cultura e o patrimonio á sociedade en xeral.

A cidade de A Coruña conta cun extenso patrimonio histórico-artístico, enormemente atractivo para os investigadores, e este congreso busca tanto atraer a novos especialistas como dar a coñecer e fomentar as actuais investigacións en curso.

A realización con carácter periódico deste encontro converterase nunha ferramenta de posta en valor e creación de sinerxías ao redor do mundo brigantino, así como de punto de encontro para distintos profesionais.

Ao mesmo tempo, a publicación dos relatorios e comunicacións presentadas no congreso, en formato libro, descarga en liña en PDF e vídeo-conferencias, deixarán constancia escrita e visual, accesible a toda a sociedade, sobre as distintas investigacións ao redor dun patrimonio que nos pertence a todos.

San Francisco foi durante séculos testemuña muda dalgúns dos acontecementos máis destacados da urbe herculina desde o século XIII, pero que actualmente é un patrimonio enormemente fragmentado, cuxos restos se distribúen entre o propio xacemento arqueolóxico, o Museo Militar da Coruña, o Museo Arqueolóxico Provincial do Castelo de San Antón e a igrexa de San Francisco na Avda. Calvo Sotelo. Os novos achados, froito das últimas escavacións, ofreceron interesantes datos, totalmente inéditos ata o momento, que esixen unha coidadosa análise.

Cremos profundamente na cooperación entre profesionais e institucións e por iso nesta ocasión buscamos a colaboración das universidades da Coruña e Santiago de Compostela, como referentes científicos. Membros de ambos os centros xogarán un papel fundamental, tanto como asesores como formando parte do comité científico responsable da avaliación e selección por dobre cego das comunicacións propostas polos novos investigadores, e que serán presentadas durante o congreso.

Cóntase coa cooperación do Museo Militar da Coruña, o Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón e o Concello, posto que non son da súa titularidade o xacemento e os restos arqueolóxicos, senón que en última instancia son os que mellor coñecen o actual estado legal e de conservación deste conxunto patrimonial e poden achegar interesantes datos que axuden a conformar a historia máis recente do convento de San Francisco da Coruña.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión