Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de novembro de 2017

O goberno local ratifica o seu compromiso co deporte de base e dálle luz verde ás obras que permitirán dotar de subministro eléctrico os Campos de San Pedro de Visma

O concelleiro de Deportes, José Manuel Sande, indica que o executivo “aborda esta actuación, a pesar de que non é competencia municipal, co obxectivo de favorecer a posta en servizo deste espazo, e logo de que a Federación Galega de Fútbol se aviñese a realizar as actuacións pendentes que garanten a legalidade e seguridade das instalacións”

A Xunta de Goberno Local deste venres dará vía libre á apertura do procedemento de adxudicación das obras mediante as que o Concello dotará de subministro eléctrico os Campos de San Pedro de Visma, realizados pola Federación Galega de Fútbol en base a un convenio asinado coa administración local. En concreto, o executivo municipal autorizará un gasto de 179.615 euros co que se levará a cabo a contratación das obras comprendidas no proxecto de acometida de media tensión, que pasan pola retirada dunha liña eléctrica que está sobre un dos campos, así como a colocación dun centro de transformación e o consecuente subministro de electricidade en toda a instalación. O concelleiro de Deportes, José Manuel Sande, indicou que "aínda que esta actuación non é competencia do goberno local, o noso compromiso co fomento da práctica deportiva e coas entidades de base nos levou a acometer esta obra coa que favorecemos a pronta apertura ao público destas instalacións".

Non obstante, o concelleiro indicou que "para que os campos de Visma queden a disposición da cidadanía é necesario que a Federación Galega de Fútbol legalice e garanta a seguridade nestas instalacións deportivas, algo ao que xa se comprometeu con nós de forma recente". "Non podiamos dar o visto bo a unha obra que non cumpría parámetros de legalidade. Neste momento, e logo de distintas conversas, a FGF comprometeuse a abordar canto antes, e así o está facer, os cambios necesarios no proxecto, de forma que prevemos poder legalizar e abrir ao público de xeito inminente", comentou o edil. Entre as actuacións que o Concello reclamaba figuraban, por exemplo, a instalación dun grupo electróxeno que garantise o subministro de reserva, así como a substitución do grupo de presión antiincendios, ao no cumprir o actual coa normativa de aplicación.

"O compromiso do goberno local co deporte é patente. Ao longo do mandato municipal non só temos incrementado as liñas de axuda ás entidades de deporte de base, senón que temos ampliado e mellorado as instalacións deportivas da cidade. Os Campos de Visma non son un regalo da Federación Galega de Fútbol á cidade, senón que se trata dunha contraprestación pola cesión de uso privativo dunha parcela municipal. Por iso, e a pesar da nosa máxima disposición a colaborar, o que non podiamos facer de ningunha forma era abrir os campos sen que contasen coas medidas de legalidade e seguridade que ordena a lexislación vixente", apuntou.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión