Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de marzo de 2017

O primeiro Plan de Apoio a Entidades de Arraigo selecciona unha vintena de asociacións e colectivos para formar parte da programación de actividades relacionadas coa cultura tradicional deste 2017

O concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, salienta que a convocatoria permitirá ampliar o marco do programa cultural, "cunha maior diversidade de entidades e de estilos e un notable reforzo das accións que teñen que ver co baile e a música tradicional"

O Plan de Apoio a Entidades de Arraigo, que a Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento puxo en marcha a inicios deste ano para dar respaldo á actividade de asociacións, agrupacións ou colectivos asentados na cidade e relacionados coa dinamización da cultura tradicional, vén de seleccionar a unha vintena de actores para formar parte desta primeira convocatoria. Son, en concreto e por orde de puntuación, a asociación Coros y Danzas Eidos, a asociación cultural Xacarandaina, a Coral Polifónica Follas Novas, o Coro galego Cántigas da Terra, a asociación cultural Son d'aquí, a asociación cultural Donaire, a Coral Polifónica El Eco, a asociación cultural Tanxedoira, Os Gaiteiriños, a agrupación musical Albéniz, a asociación cultural Cantares Gallegos, o Coro Cantábile, a agrupación folclórica Aturuxo, a asociación cultural Pandereteiras sen Fronteiros, o grupo de música tradicional Xebre, a agrupación musical Amizades, o Orfeón Herculino, a agrupación polifónica coruñesa Canticorum, a Tuna de veteranos da Coruña e o Coro Santa María Maris.

Como informa o responsable municipal desta área, José Manuel Sande, todas elas incorporaranse á programación municipal cultural da cidade, que sumará neste 2017 oito actuacións relacionadas coa cultura tradicional, ao pasar das 97 celebradas o ano pasado ás 105 que se prevén para este ano, e engadirá unha entidade máis ao programa respecto ao do 2016. A convocatoria, tal e como subliña o concelleiro, permitirá este ano a entrada no programa de novas propostas -como son as de Tanxedoira, Pandereteiras sen fronteiros e o grupo de música tradicional Xebre, da asociación veciñal de Oza e a Gaiteira- e supón un "notable reforzo das actividades que teñen que ver co baile e a música tradicional". Neste sentido, destaca que a convocatoria permitirá ampliar o marco da programación, "cunha maior diversidade de entidades e de estilos.

O Plan de Apoio a Entidades de Arraigo segue a liña doutras iniciativas postas en marcha polo Goberno local para contribuír á dinamización dos diversos axentes locais no ámbito cultural a través da descentralización da programación cultural e o respaldo a iniciativas impulsadas por asociacións e colectivos non profesionais. Neste caso, a convocatoria conta cunha contía global de 100.000 euros, cun máximo de 8.000 euros a recibir por cada unha das entidades, polas actividades e actuacións abertas á cidadanía ao longo do ano. Como tamén pon de manifesto o concelleiro, convocatorias como esta, ou a recentemente fallada 'Cultura de Barrio', de apoio a proxectos socioculturais, optan polo réxime de concorrencia competitiva "para dar a todas as entidades as mesmas oportunidades para recibir o apoio do Concello na súa actividade, regularizando o reparto de axudas a través de criterios obxectivos" e, ao tempo, serve para reforzar o contacto da administración  local coas entidades musicais e de arraigo que operan na cidade. Do mesmo xeito, o responsable municipal de Culturas salienta que a convocatoria respectou de forma escrupulosa os cachés propostos polas entidades seleccionadas.

 Entidade Caché total
 Asociación Coros y Danzas Eidos

 6.650 euros

 Xacarandaina

 8.000 euros

 Coral polífónica Follas Novas

 8.000 euros

 Coro galego Cántigas da Terra

 8.000 euros

 Asociación cultural Son d'aquí

 7.200 euros
 Asociación cultural Donaire

 8.000 euros

 Coral Polifónica El Eco

 8.000 euros

 Asociación cultural Tanxedoira

 2.500 euros

 Os Gaiteiriños

 400 euros
 Agrupación musical Álbeniz

 4.998 euros

 Asociación cultural Cantares gallegos

 5.200 euros

 Coro Cantábile

 6.665 euros

 Agrupación folklórica Aturuxo 

 4.800 euros

 Asoc. cultural Pandereteiras sen fronteiros

 2.400 euros

 Grupo de música tradicional Xebre

 2.500 euros

 Agrupación musical Amizades

 5.500 euros

 Orfeón herculino

 3.000 euros

 Agrupación polifónica coruñesa Canticorum

 6.000 euros

 Tuna de veteranos de La Coruña

 833 euros

 Coro Santa María Maris

 1.500 euros

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión