Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de novembro de 2018

O xurado do Calendario Municipal falla as trece fotografías gañadoras desta edición, que versa sobre 'A Coruña da memoria'

Preto dun cento de veciños e veciñas achegaron os seus traballos, que conformarán un almanaque que pretende render unha homenaxe á historia da cidade e o seu patrimonio

O Calendario Municipal de 2019 xa ten fotografías gañadoras. O xurado do certame fallou esta tarde, no Pazo de María Pita, as 12 imaxes que, acompañadas doutras tantas fotografías antigas da cidade cedidas polo Arquivo Municipal, conformarán o almanaque do Concello de 2019, que leva por título A Coruña da memoria. O tribunal do concurso, formado por membros de cada un dos grupos que contan con representación na Corporación municipal, así como por tres membros do colectivo de fotoxornalistas da Coruña, decidiu tamén seleccionar unha imaxe máis,  que será a que ocupe un lugar destacado como portada do calendario.

O concurso, que este año tiña como principal pretensión render homenaxe á historia da cidade a través do seu patrimonio e dos espazos emblemáticos e simbólicos --tanto a nivel arquitectónico como sentimental--, contou coa participación de preto dun cento de veciñas e veciños.  As gañadoras e gañadores desta edición recibirán como premio un exemplar da obra Gerda Taro. La sombra de una fotógrafa, de François Maspero --editado por La Fábrica--, un exemplar de Choqueiros. Breve crónica histórica do carnaval coruñés, de Xosé Alfeirán --editado polo Concello da Coruña-- e un ano (2019) de acceso gratuíto aos museos municipais, ademais de dez copias do almanaque. Os traballos seleccionados, que destacaron pola súa calidade e representatividade, son os seguintes:

  • Portada: Caracola, de David Ucha.
  • Xaneiro: Resistindo os embates, de José María Fernández Serrano.
  • Febreiro: Galería, de Miguel Ángel Recio García Moreno.
  • Marzo: María Pita, de Julio Besiga Díaz Blanco.
  • Abril: Reflexos modernistas, de Andrés Castiñeiras.
  • Maio: Castro de Elviña, de Carlos Alberto Perina.
  • Xuño: Silueta de la Torre sobre concentración motera, de José Luis Sanz Campaña
  • Xullo: Cárcere, de Mada Carballeira.
  • Agosto: Cometa, de Sara Fernández Cid.
  • Setembro: Niebla en Os Castros, de Eloísa Fernández.
  • Outubro: Mercado de San Agustín, de Uxío Rivas.
  • Novembro: Cemiterio de San Amaro, de Manuel Candal.
  • Decembro: A fonte do desexo, o desexo de ser coruñés, de Daniel Martí.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión