Concello da Coruña

Concello da Coruña

Os golfiños e o xigante

de Fantoches Baj

A quen vai dirixido?:

Público: +4 anos

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

28/12/2017

Xa rematou

Horario:

19:00 h

* Pídese puntualidade, unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada individual 3,00 euros / Abono 3 familiar: 6,00 euros (polo menos unha persoa adulta)

Televenda:

Ticketea

Os golfiños e o xigante é o nome do texto teatral co que Inacio Vilariño resultou gañador do premio Barriga Verde para textos de teatro de títeres para público infantil.

Na década pasada Bao Si Shun foi considerado polo Récord Guiness o home máis alto do planeta pero a verdadeira sona chegaríalle o día que conseguiu extraer, grazas ao seu longuísimo brazo, dúas boias de piscina do esófago dos golfiños, salvándoos así dunha morte certa. A noticia, publicada en todos os xornais do mundo, chamaba a atención, non tanto por ter salvado os golfiños, que tamén, senón porque amosaba dun xeito moi gráfico a necesidade de aceptar cada un de nós a súa diferenza e de ser aceptados como somos. Baseada neste feito real Os golfiños e o xigante é unha fábula contada con sombras chinesas a modo de "road movie" onde Jiang, a adestradora do acuario, vai tras as pegadas de Bao Sishun por toda a rexión, obrigada a superar distintos atrancos. Nesta busca recibirá a axuda das persoas coas que se cruza no camiño, todas elas fascinadas pola personalidade xenerosa e entrañable do xigante, que lle irán dando pistas sobre o seu paradoiro. Finalmente atopa a Bao Xi Xhun na súa aldea natal no deserto do Gobi como pastor de cabras illado da vida social e da popularidade mediática. Tras recoñecer as boas intencións da rapaza, Bao Sishun, acepta ir ao acuario intentar salvar os golfiños e ao lograr extraer as boias do esófago dos golfiños e devolvelos á vida, consegue desatascar as súas emociós e aceptar a súa diferenza. Esta fábula de superación con final feliz foi premio Barriga verde de textos para monicreques na súa modalidade infantil no 2016. Polo contexto chinés no que sucede a acción pareceunos que as sombras eran unha técnica apropiada para contar esta historia apoiándonos na tradición chinesa do teatro de sombras (agora Patrimonio da Humanidade pola UNESCO) pero introducindo elementos de innovación no deseño de escenarios e marionetas, na multiplicidade de pantallas ou nas novas fontes de iluminación como linternas ou proxectores de transparencias. A música composta por Benxamín Otero intentará combinar a tradición oriental con sonoridades máis contemporáneas.

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Fórum: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión