Pintor coruñés, cursou o oficio de artes na Escola Pablo Picasso (hai moito tempo xa). Unha vez desenrolada a súa formación desviouse no seu afán artístico primixenio, para abordar o deseño gráfico. Uns traballos daquí e dalá, mentres que proseguíu coa súa producción.
Para público en xeral
Dende o 05/04/2019 ata o 05/06/2019
Xa rematou
Café Bar O Alfaiate de 08:00 a 03:00 h, e os festivos de 10:00 h a 3:30 h
Escultura, muralismo e máis óleo abranguen a maioría da súa producción, nunha tónica moi persoal. Precisamente por iso, as formas afondan no xogo de volumes, directamente levados dende a figuración, e só condicionadas por uns poucos elementos que configuran o contexto figurativo (copas e mar).
Nesta mostra, o autor xoga con procesos cromáticos nos que reside:
> art nouveau: Klimt, xeometría, dourados, diversas perspectivas illadas en campos deliñados.> flauvismo: feudos inconexos cargados de intensidade, con estampados (Frida).
> atlantismo: evocación exótica e onírica dunhas raíces marítimas.
> xeometrizacións, vangardas, plasticidade.Así pois, presentamos a un autor moi de seu, que nos aproxima cunha serie sumamente expresiva, que vacila entre elementos cotidiáns, recursos expresivos, intensidade cromáticae un estilo que bebe directamente da escultura.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible