Concello da Coruña

Concello da Coruña

Paisaxes habitadas

Exposición de Jose Manuel Peña Romay

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 21/04/2017 ata o 20/05/2017

Xa rematou

Enderezo:

Galería Arte Imaxe. Rúa Ramón y Cajal 5, Bj. 15006 A Coruña

Baixo o título "Paisaxe Habitada" presento esta nova exposición na galería "Arte Imagen" de A Coruña. A cidade contemporánea é a protagonista de gran parte dos cadros que a compoñen.

Un terreo aboado e fértil en que o meu universo plástico arraiga con forza, na busca contínua de novos territorios a explorar.

Xeometrías, arquitecturas, gamas cromáticas, luz e sombra, volume, personaxes, superposicións de planos e espacios tridimensionais, son algúns dos elementos constantes na miña obra. Realidade e ficción mestúranse, sendo ás veces un todo.

Intento que a mirada que proxecto sexa un crisol onde se produce a alquimia, a maxia. Ver e expresar máis aló do común e do simple e sobre todo lograr emocionar. Ese é o meu obxectivo, tal vez difícil de acadar.

Este recorrido faime deter, con frecuencia, frecuencia, fronte ao mar, cuxa xeometria plana e cuxa forza cromática me atraen inevitablemente.

As acolledoras terrazas do bulevar convídanme a repoñer forzas. Mentres soa a música dos artistas da rúa, que me emociona de novo. E pérdome entre o ir e vir das personaxes que habitan esta paisaxe.

Peña Romay-Paisaxe Habitada

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión