Comisario: Jorge Blasco, Silvia Longueira
Para público en xeral
Dende o 20/06/2018 ata o 18/11/2018
Xa rematou
De martes a domingo de 11:00 h a 15:00 h e de 17:00 h a 21:00 h
Luns pechado
gratuíto
Fundación Luís Seoane
San Francisco, 27
15001 A Coruña
Tel.: 981 216 015
Fax: 981 216 379
info@fundacionluisseoane.gal
A Fundación Luís Seoane acollerá entre os meses de xuño e novembro a primeira gran retrospectiva dedicada á obra de Paulo Bruscky (Recife, Brasil, 1949) no noso país, un proxecto comisariado por Jorge Blasco e Silvia Longueira que reunirá máis de duascentas obras realizadas polo artista brasileiro ao longo de case cinco décadas.
Vinculado nos seus comezos ao movemento Fluxus, a traxectoria de Bruscky arrinca na década dos sesenta, en plena ditadura militar, un período convulso que o marcará desde un punto de vista persoal e profesional, no que xa aparecen moitas das características que definirán a súa práctica artística, como a utilización de diferentes medios de comunicación para difundir a súa obra, evadindo naquel momento o control gobernamental, e tamén como método para establecer contacto con outros artistas fóra de Brasil.
Neste contexto, é importante destacar que no ano 1976, Bruscky organizará a primeira exposición de mail art no seu país, que será clausurada polas autoridades, un formato que segue utilizando na actualidade, e que é un dos múltiples soportes xunto cos libros de artista, o xerox-art, a colaxe, a fotografía, as tarxetas postais, os anuncios clasificados, a poesía visual, a performance, o vídeoarte, a arte sonora ou o cinema a través dos que o artista pon a súa creatividade, sempre desde a súa cidade natal, Recife, como base desde a que construír unha reflexión sobre as cuestións históricas, políticas ou sociais que lle interesan.
O proxecto que presenta agora a Fundación Luís Seoane, elaborado durante dous anos xunto ao artista, baséase nas categorías nas que o propio Bruscky divide o seu traballo: Arte Classificado, Arte Correio, Artistas Achados e Apropiados, Banco de Idéias, Bruscky Invents, Homenagems, Livros de Artista, Obxectos Poéticos, Poesia Visual, Repropostaçoes, Adesivos, Instalaçaos, Vídeo Arte e Arte Sonora. Algunhas, como a Arte Classificado, pequenas reseñas inseridas nas seccións de anuncios por palabras dos xornais, ou a Arte Correio ou mail art, responden de maneira evidente a esa necesidade de comunicar que percorre a produción do creador brasileiro.
Outras, como Artistas Achados e Apropiados, na que Bruscky recupera ou reutiliza diferentes obxectos e materiais que lle lembran a obra doutros artistas e Homenagems, pezas realizadas expresamente para render homenaxe a creadores que admira, representan, xunto cos seus Obxectos Poéticos ou a súa Poesia Visual a vertente máis plástica do artista, sempre coa ironía, o humor absurdo e a crítica social como elementos inherentes ao seu traballo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible