Concello da Coruña

Concello da Coruña

Pelos na lingua

Un divertido espectáculo-colaxe que fala en clave positiva da situación crítica que está vivir a lingua galega.

A quen vai dirixido?:

Espectáculo non recomendado para menores de 13 anos

 

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/05/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h (Prégase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o aceso á sala).

Duración:

70 minutos

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

9'00 € (Carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: 7'00 €) 

(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

(As persoas beneficiarias dos descontos deben amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao recinto)

Contacto:

981 18 4293

Pelos na lingua vai destinado a todo o mundo (e non esaxeramos), independentemente da súa posición respecto á lingua: aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non, aos que pensan que o galego debería ser a lingua universal, aos que pensan que debería ser o inglés a lingua universal, aos que cren que a maioría dos galegos falan castelán, aos que cren que a maioría dos galegos falan galego, a políticos, a mestres, a alumnos, a actores, a actrices, a carpinteiros, a carpinteiras, a todos e a todas. Ao mundo enteiro, independentemente da súa lingua. Unha comedia, que dalgún xeito, podería considerarse a segunda parte de Bicos con lingua. Pero non se trata dunha segunda parte como unha continuación da liña argumental, senón que se está a traballar o mesmo tema coa mesma estrutura, aínda que desta vez tratando de darlle un enfoque distinto.

Autoría: Avelino González, María Ordóñez, Artur Trillo e Séchu Sende

Intérpretes: Toño Casais, María Ordóñez, Artur Trillo

Dirección: Avelino González 

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Fórum Metropolitano: aberto só días de función dende unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión