Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas di(n)versos: Maram Al-Masri e Baldo Ramos

Regresa o ciclo "Poetas di(n)versos", as citas mensuais co mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo conducidas pola escritora e xestora cultural Yolanda Castaño. Vai xa pola súa 11ª edición

A quen vai dirixido:

Persoas adultas

Cando:

16/12/2019

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

20.30h

Duración:

1h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Documentos:

decembro-2019.pdf (746 KB)

Nada en Lataquia (Siria) en 1962, Maram al-Masri graduouse en Literatura Inglesa na Universidade de Damasco. En 1982 exiliouse en Francia, mais foi a capital siria quen vería publicado polo Ministerio de Cultura, dous anos máis tarde, un primeiro poemario escrito en colaboración: Ameázote cunha pomba branca.

Dedicada dende entón á literatura e á tradución, foi publicando libros de poemas en árabe e vertidos a nove idiomas distintos, polos que recibiu galardóns internacionais coma o Premio Adonis no Líbano, o Premio Société des Gens de Lettres de Francia, o Calopezatti e o Premio NordSud di Letteratura en Italia, igual ca o Laurentum Dante Alighieri e mais o Premio Fiore D'Argento á Excelencia Cultural, o Antonio Viccaro de Trois-Rivières (Quebec) ou o Al Bayane de poesía francófona (Marrocos). Ademais, o seu nome soou entre as nomeadas ao Premio Nobel en 2016.

Só en España e en tradución ao castelán, cóntase con nove títulos: Cereza roja sobre losas blancas 2002), Te miro (2005), El retorno (2007), Señales del cuerpo (2010), Almas con pies desnudos (2016), Desnuda va la libertad (2017), El vestido arrugado (no prelo), El rapto (pendente de publicación nunha edición especial ilustrada por Rafael Canogar).

Fondamente comprometida coa loita a favor do seu país, máis aínda dende o estalido da revolución  siria, Maram al-Masri é hoxe unha das grandes voces poéticas de Oriente Medio e de Francia.

Consulta os materiais dispoñibles de Maram Al-Masri

O poeta e artista plástico Baldo Ramos naceu en Celanova en 1971. Conformada por quince libros publicados, a súa obra poética ábrese cun primeiro título publicado en castelán en Pre-Textos e galardoado co Premio Arcipreste de Hita, para dar paso moi axiña a A árbore da cegueira (2002), que se faría co Premio Concello de Carral. Un novo poemario en castelán leva, ao ano seguinte, o accésit do Premio de Poesía Iberoamericana Víctor Jara, e en 2009 Palabras para un baleiro faise co Fiz Vergara Vilariño. Os títulos máis recentes deste poeta viron a luz en Galaxia no pasado e no presente ano: Cartas dende o esquenzo e Porque te quero.

Cunha ampla bibliografía canto a libros colaborativos, Ramos ten traballado man a man con distintos artistas e escritores. Por exemplo, fíxoo co escultor Caxigueiro no proxecto Os ollos das palabras (2012), con Carlos González Villar nos libros de artista Onde beben os cervos que amansou o calígrafo (2013) e As raiceiras do frío (2016), con Xosé Mª Álvarez Cáccamo en CaRa inversa (2014) e en librosconversos (2016) e con Frank Meyer en 1+1=3 (2015), todos publicados por institucións e editoriais de renome.

A súa obra aparece representada en antoloxías publicadas en Galicia, Madrid, Caracas ou Dublín da man de editoras literarias do prestixio de Teresa Seara, Amalia Iglesias, Ana Gorría ou Manuela Palacios, entre outras.

Consulta os materiais dispoñibles de Baldo Ramos

Tamén che pode interesar

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión