Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas di(n) versos Primavera 2017

Música e poesía abren a nova tempada do ciclo Poetas di(n) versos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 23/01/2017 ata o 27/03/2017

Xa rematou

Horario:

20.30 h

 

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre até completar a capacidade

POETAS DI(N)VERSOS segue a demostrar a súa solidez, excelencia e boa saúde renovando a súa vitalidade a través dos anos. A coidada programación poética da Concellaría de Cultura da Coruña volve por oitavo ano con novas citas mensuais que reunirán poetas de Galicia e do mundo en encontros abertos e gratuítos. O único ciclo estable que inclúe poetas internacionais de xeito regular en toda España, regresa así ao centro Ágora

As que agora se presentan, as citas mensuais de xaneiro a marzo, virán caracterizadas maiormente por chegaren da man de culturas moi en contacto coa terra e coas súas tradicións. Sempre reunindo en lecturas dobres un/ha poeta de Galicia xunto a outro/a de fóra dela, aos compañeiros que escriben na nosa lingua uniranse autores do Chad, de Andalucía e do pobo indíxena mexicano radicado no estado de Oaxaca. Proba da rica diversidade lingüística e cultural do panorama poético do mundo, o ciclo dirixido pola poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño explora así en identidades literarias quizais menos coñecidas.

As lecturas poéticas, abertas e gratuítas e cunha duración de aproximadamente unha hora, serán quen de seducir a públicos propios e estraños traendo o sabor da África negra, de Sevilla e da cultura zapoteca ademais da galega. Distintas librarías dos barrios coruñeses ofrecerán aos e ás asistentes a posibilidade de adquirir as obras dos convidados, así como de levar nelas unha sinatura.

Luns 23 de xaneiro

Nimrod e Rosa Enríquez

Traballan coa lingua francesa pero o idioma que os une é o da poesía, o que mellor domina tanto a valdeorresa coma o que vén da África central, no Chad.

O primeiro dos recitais será este vindeiro luns 23, da man da valdeorresa Rosa Enríquez e mais de Nimrod, nado na África central, no Chad. Os dous escritores traballan coa lingua francesa no seu día a día, pero o que os une é o idioma da poesía. Ela é colaboradora habitual en distintos medios escritos galegos, fora Premio Francisco Añón de poesía e ten publicados cinco poemarios e unha novela xuvenil de ciencia ficción e

Luns 6 de febreiro

Julia Uceda e Marilar Aleixandre

Luns 27 de marzo

Natalia Toledo e Celso Fdez. Sanmartín

Luns 10 de abril

Sjón e Elías Portela

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión